O rei, Felipe VI, asistirá en Galicia á celebración do Día Internacional dos Bosques

A cadea galega da madeira organiza os actos estatais de conmemoración da efeméride, coa que se quere promover a importancia da cultura forestal. O evento celebrarase o próximo mércores 20 de marzo en Sergude

O rei, Felipe VI, asistirá en Galicia á celebración do Día Internacional dos Bosques

O espazo habitual da feira Galiforest acollerá os actos de celebración do Día dos Bosques. / Arquivo.

Galicia acollerá o próximo mércores 20 de marzo os actos estatais de celebración do Día Internacional dos Bosques, coa organización da iniciativa Juntos por los Bosques, na que participa a cadea galega da madeira. O evento contará coa asistencia do rei, Felipe VI, e coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e do ministro de Agricultura, Luis Planas.

A celebración desenvolverase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón (A Coruña) e contará coa asistencia dunha ampla representación da cadea galega da madeira, de entidades e colectivos sociais e de entidades do sector forestal a nivel estatal.

O Día Internacional dos Bosques, unha efeméride fixada pola Organización das Nacións Unidas (ONU), parte este ano co lema ‘Os Bosques e a Educación’, que trata de resaltar a importancia da promoción da cultura forestal. Ese é o obxectivo co que a cadea galega da madeira organizou o programa do evento, que incluirá relatorios e unha visita de campo a traballos forestais.

O acto de celebración contará coa presenza de arredor de 200 persoas, estando a asistencia restrinxida por invitación.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información