O 16% dos produtos de madeira de importación proceden de zonas de risco

A Asociación Española de Comercio e Industria da Madeira (Aeim) acaba de facer públicos os datos sobre a importación de produtos sometidos ao Regulamento europeo da madeira (EUTR) en 2018. Destas importacións o 16% procede de zonas de risco, principalmente China e Brasil

O 16% dos produtos de madeira de importación proceden de zonas de risco

Mobles importados a Europa desde China.

A Asociación Española de Comercio e Industria da Madeira (Aeim) acaba de facer públicos os datos sobre a importación de produtos sometidos ao Regulamento europeo da madeira (EUTR) en 2018. Destas importacións o 16% procede de zonas de risco; é dicir, zonas nas que é difícil coñecer e asegurar a trazabilidade do produto. E desa porcentaxe, o 40% son mobles de madeira.

No 2018, as importacións dos produtos de madeira supuxeron máis de 6.200 millóns de euros, dos que case o 60% corresponde a papel e cartón, con 3.642 millóns de euros. Só a madeira (sen contar papel, cartón e pasta de madeira), supuxo un valor de 1.869 millóns de euros e desta cantidade, os mobles representan un 11% e supoñen máis de 654 millóns de euros.

Galicia recibe un 8% do total das importacións de madeira de España, case ao mesmo nivel que Andalucía, onde chegan un 7%, ou o País Vasco cun 5% e moi afastada doutras comunidades que concentran o mercado deste tipo de madeira. Así, Cataluña recibe un 29% destas importacións, seguida da Comunidade Valenciana, que alcanza un 16% ou Madrid, que percibe un 13% destes produtos de madeira.

Desde a asociación inciden en que “só o 16% dos produtos de madeira proceden de países de risco”d. Esta porcentaxe representa uns 309 millóns de euros. Precisamente os produtos que teñen maior risco de proceder deste tipo de madeira son os mobles que alcanzan un valor de 124 millóns de euros.

Madera-de-riesgo-

China, un dous principais provedores

China segue sendo uns dous países con maior cota de madeira de risco, cun 31% que supón máis de 94 millóns de euros. O xigante asiático segue a ser a principal vía de abastecemento para España de madeira que non se axusta ao tratado europeo. En concreto, segundo o Sistema de Dilixencia Debida (SDD) da Aeim, que valora o grao de cumprimento da normativa europea, China considérase un país de alto risco.

Esta cualificación atende ás dificultades para coñecer a trazabilidade dos produtos, á falta de transparencia e os problemas para coñecer a orixe da madeira, xa que non abonda con coñecer que o produto procede de China senón que é necesario coñecer a orixe da materia prima. Precisamente, a trazabilidade da orixe da madeira complícase en produtos elaborados como os mobles.

Por detrás de China, Brasil é outra das portas de entrada deste tipo de madeira de risco, cunha taxa do 13%, na que se engloban só as madeiras tropicais. Mentres, en Europa, países como Romanía conta cunha taxa do 8% desta madeira de risco.

 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información