eucalipto haifa horizontal

‘Multicote Agri’, nutrición eficaz para as árbores forestais

Haifa deseñou un fertilizante de liberación controlada adaptado aos requirimentos do chan galego e ás necesidades dos principais cultivos forestais da comunidade, eucalipto e piñeiro

Unha nutrición precisa é esencial para aumentar a altura e o diámetro do tronco das árbores forestais, sendo o momento máis importante a plantación e durante o primeiro ano tras o transplante. ‘Multicote’ Agri’, de Haifa, é un fertilizante de liberación controlada especialmente deseñado para a nutrición das árbores forestais durante meses, impulsando o crecemento e eliminando a mortalidade das plantas novas.

Este fertilizante baséase na tecnoloxía de recubrimento polimérico de Haifa. ‘Multicote Agri’ libera os nutrientes ao chan de forma controlada en función unicamente da temperatura do solo, por tanto producirase unha maior liberación cando esta aumenta, o que coincide co incremento das necesidades das árbores. Ao atoparse os nutrientes encapsulados, o abono pode aplicarse de forma localizada preto do sistema radicular, xa que se evitan posibles problemas derivados do exceso dalgún dos elementos nutrientes.

multicote agri vertical

Unha vez aplicado, o fertilizante de liberación controlada absorbe a humidade, o que disolve os nutrientes do interior pero sen liberalos, impedindo o seu lavado pola auga. O ritmo de liberación dos distintos compoñentes do fertilizante (nitróxeno, fósforo, potasio, magnesio e boro) está regulado unicamente pola temperatura do chan, que inicia de forma lenta e precisa a liberación do abono á zona radicular.

‘Multicote Agri’, de Haifa. ofrece unha gama completa de solucións para adecuarse á nutrición óptima das plantas baixo diversas condicións. Para Galicia, Haifa desenvolveu a fórmula ‘Multicote Agri’ (8) 11.22.09 + 4MgO + 0.1Boro, un fertilizante de liberación controlada que se adapta axeitadamente ás necesidades do cultivo forestal da zona.

Aplicacións
As doses recomendadas son as seguintes:

Especie forestal Número de plantas / hectárea Dose recomendada (gramos / planta)
Eucalipto 800 – 1.200 30 – 40 gramos / planta
Piñeiro 1.000 – 1.200 30 – 40 gramos / planta
Carballos e sobreira 700 – 900 60 – 70 gramos / planta
Frondosas 600 – 1.000 30 – 40 gramos / planta

Boro, clave para o eucalipto
A fórmula de ‘Multicote Agri’ comercializada por Haifa contén boro, xa que a súa deficiencia é un problema frecuente nas plantacións de eucaliptos. O boro é vital para varios procesos metabólicos da planta, como o crecemento de brotes e das raíces. Unha concentración insuficiente de boro no chan podería dar como resultado:

– Crecemento irregular e talos rotos.
– Morte das xemas apicais, o que leva a múltiples pólas laterais (forma tipo arbusto).
– Menor lignificación da madeira, a cal podería provocar o ‘choro’ das pólas.

A aplicación de ‘Multicote Agri’ converteuse nunha práctica habitual en viveiros e plantacións de árbores forestais de todo o mundo, proporcionando un maior crecemento cunha aplicación sinxela: soamente se necesita unha única aplicación de Multicote’ Agri ao plantar para nutrir de forma continua ás plantas novas durante meses, mellorando o seu fortalecemento e incrementando considerablemente o índice de supervivencia. O emprego de ‘Multicote’ Agri’, de Haifa, asegura un mellor crecemento das árbores, menor impacto ambiental, comodidade e rendibilidade.

Sobre Haifa Chemicals
Haifa é unha Corporación Multinacional Israelí, líder global en subministración de Nitrato Potásico, nutrientes especiais para as plantas e produtos químicos industriais. Recoñecida polo seu espírito pioneiro e polas súas solucións innovadoras, Haifa está en perfecta sintonía coas tendencias de mercado e as necesidades dos seus clientes. É unha compañía madura, ben consolidada e con futuro.

Haifa ofrece unhas prestacións flexibles e impecables con produtos a medida, solucións e servizos. A nosa misión clave consiste en crear solucións altamente efectivas para o agricultor en todo o mundo, aproveitando o noso gran coñecemento das súas vidas e necesidades. Deste xeito, introducimos continuamente solucións imaxinativas para afrontar os crecentes desafíos dun mundo cambiante.

Visita a nosa web para coñecer máis sobre o noso traballo.