Cursos sobre a tramitación electrónica de aproveitamentos forestais

Cursos sobre a tramitación electrónica de aproveitamentos forestais

A Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga) programou en Santiago, Pontedeume, Ponteareas e Verín unha serie de cursos dirixidos a persoal das empresas da madeira para explicar a tramitación electrónica dos aproveitamentos forestais. As sesións formativas teñen unha duración de catro horas e son principalmente prácticas.

Os contidos a abordar nos cursos son os seguintes:

– Obtención e utilización dos medios de identificación e sinatura electrónica.
– Relacións electrónicas coa Administración: sede electrónica da Xunta.
– Autorizacións e declaracións responsables de aproveitamentos forestais a través de Corweb.
– Visor de aproveitamentos forestais do sistema de información xeográfica de Galicia.

Os cursos iniciáronse esta semana en Santiago e continuarán na primeira quincena de novembro en Verín (6 de novembro), Pontedeume (8 de novembro) e Ponteareas (13 de novembro). As persoas interesadas en inscribirse deben escribir a informacion (arroba) maderasdegalicia.es. Para máis información, tamén poden contactar con Fearmaga no teléfono 981-568.390.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información