Acordo histórico para recuperar a produción de piñeiro en Galicia

O sector subscribiu hoxe un convenio de colaboración asinado por medio cento de entidades. O plan prevé definir prezos mínimos para a madeira sen nós de calidade, así coma promover a mellora xenética das coníferas e un bo manexo silvícola dos piñeirais

Acordo histórico para recuperar a produción de piñeiro en Galicia

Un total de 51 entidades da cadea da madeira asinaron hoxe un acordo histórico que promoverá a recuperación do piñeiro de Galicia. O compromiso do conxunto do sector enfócase a impulsar a produción de madeira de calidade, para o que se fomentará a mellora xenética dos piñeiros e o seu bo manexo silvícola no monte, a fin de obter madeira recta, sen nós e apta para usos industriais de alto valor engadido.

O sector definirá proximamente uns prezos mínimos de referencia para esta madeira de calidade, de xeito que a súa produción sexa suficientemente atractiva para os propietarios forestais. A diferenciación por prezo da madeira de calidade de piñeiro acompañarase doutras dúas accións estratéxicas orientadas a dotar ós propietarios forestais dos instrumentos e coñecementos precisos para este tipo de produción.

En primeiro lugar, a cadea da madeira galega impulsará a mellora xenética das coníferas. O obxectivo sitúase en ofertarlle ó propietario plantas de coníferas que sexan resistentes a riscos sanitarios e cuns crecementos contrastados que permitan reducir as quendas de produción.

Un segundo aspecto no que se traballará cos propietarios é no fomento de modelos silvícolas que permitan obter bos resultados, tanto en plantacións como en montes de rexeneración natural. Proximamente, definiranse comarcas piloto nas que se iniciarán actividades formativas e de divulgación. Tamén está prevista a creación dunha rede de montes demostrativos que permitan visualizar resultados e que dean apoio ós programas formativos de tratamentos silvícolas (podas, claras, etc.).

Outro eixo estratéxico do acordo subscrito hoxe consiste na promoción do uso e consumo da madeira de coníferas de Galicia, de xeito que a sociedade galega e os consumidores coñezan os produtos elaborados a partir dun modelo forestal sostible, que sitúan a Galicia na primeira liña da innovación e da economía circular.

O Plan integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia foi subscrito hoxe nun acto celebrado na Cidade da Cultura por XXXX entidades do sector, entre as que figuran asociacións de propietarios forestais, viveiros, empresas de servizos forestais, aserradoiros, empresas de segunda transformación, prescriptores, firmas de distribución e outras institucións (Ver listado completo no Anexo I). A cadea da madeira agradece tamén o compromiso co Plan amosado por Abanca, unha entidade financeira referente en Galicia e vinculada de xeito tradicional ó mundo rural.

Contexto

Desde hai anos, as masas de piñeiro do país (Pinus Pinaster) e de piñeiro insigne (Pinus radiata) están en retroceso por diversos factores, coma uns prezos de mercado non competitivos, a falta de planta de calidade ou a aplicación de modelos silvícolas pouco axeitados para os requirimentos das industrias. Esta situación, de non producirse un cambio, levaría a medio prazo a un forte descenso nas existencias de madeira de piñeiro (Ver Anexo II). Tal escenario é preocupante para a industria que consume piñeiro, pero tamén para os silvicultores, que deben dispoñer de opcións para diversificar os seus investimentos no monte.

O acordo asinado hoxe pola cadea da madeira de Galicia plasmarase na posta en marcha dun programa de restauración orientado a recuperar superficie dedicada a coníferas en Galicia, así coma a mellorar as masas existentes.

De cara ó futuro, preséntanse numerosas oportunidades para a madeira de coníferas de Galicia, pois existe un aumento da demanda de produtos derivados da madeira de piñeiro, en particular por sectores de equipamentos coma o ‘contract’.

O desenvolvemento da bioeconomía en Europa posibilitará tamén usos innovadores da madeira de piñeiro (bioplásticos, fibras téxtiles, obtención de produtos químicos, etc.), o que debuxa un panorama esperanzador para os piñeirais de Galicia, que ademais da súa función produtiva teñen unha gran importancia ambiental, paisaxística e social, en particular en ecosistemas costeiros, montes periurbáns e nas serras do interior galego.

Listado de asinantes do Plan integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia

PROPIETARIOS FORESTAIS:
Asociación Forestal de Galicia (AFG)
Asociación Sectorial Forestal de Galicia (ASEFOGA)
Federación de Produtores de Madeira de Galicia (PROMAGAL)
Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro (PROMAVI)

EMPRESAS DE VIVEIROS:
Viveros Mañente
Viveros Braña SCL
Viveiros O Rego
Viveiros Costa de Lóngaras SLU
VIFOGA (Asociación de Viveros forestales de Galicia)
Centro Forestal Rías Baixas S.L.
Hifas da Terra S.L.
Xubial Soc. Coop. Galega

EMPRESAS DE SERVIZOS FORESTAIS e CONSULTORAS:
Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia (SERFOGA)
Asociación Nacional de Empresa Forestales (ASEMFO)
Madera Plus

EMPRESAS 1ª TRANSFORMACIÓN (ASERRADOIROS ):
FINANCIERA MADERERA SA (FINSA)
Maderas Hermanos García Rocha SL
Maderas Cajaraville SL.
Maderas C Lata SL.
Maderas Bama SL.
Maderas Bouzas Garrido SA.
Maderas Bouzas Pereiras SL
Seistag Innovación SL.
Maderas Goiriz SL.
Almasa
Hijos de Ramón Rubal
Mader Campo
Costiña SL
Besteiro Forestal SC
Maderas Gómez Orense SL
Serrerías Rodríguez SL.
Maderas Villapol SA.
José Piñeiro González e Hijos
Serrerías Roal SL.
Maderas Pérez Giménez SL
Federación de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia (FEARMAGA)
ASOCIACIÓN 1ª Transformación de la Madera de DE LUGO
ASOCIACIÓN MONTE-INDUSTRIA

EMPRESAS 2ª TRANSFORMACIÓN:
Maderas Ornanda SA
Molduras del Noroeste SL.

EMPRESAS DISTRIBUCIÓN:
Leroy Merlin
Maderas Besteiro
Maderas del Noroeste SA

PRESCRIPTORES:
Mol Arquitectura
Ezcurra e Ouzande Arquitectura
Arrokabe Arquitectos
The Cambium Design
MRM Arquitectos

OUTRAS INSTITUCIÓNS:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia

Evolución de cortas de madeira de piñeiro en Galicia.

– O piñeiro representaba nos anos 90 máis do 50% das cortas que se producían nos montes galegos. Na actualidade, esa porcentaxe sitúase no 37,6% e segue en descenso.

– No 2017, en Galicia taláronse 3,2 millóns de metros cúbicos de madeira de coníferas, un 9% menos que no 2015, segundo os datos do informe ‘A cadea forestal – madeira en Galicia 2017’, elaborado pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e a Universidade de Vigo.

GRAFICA_1_PIÑEIRO GRAFICA_2_PIÑEIRO

Fonte: Informe ‘A cadea forestal – madeira en Galicia 2017’. Xera. Universidade de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información