Xornadas de bioconstrución en Lugo

Publicidade
Xornadas de bioconstrución en Lugo

Bioconstrucción

Data inicio: 13/09/2019
Data fin: 15/09/2019
Lugar: Pazo de Tor, San Xoán de Tor, Monforte de Lemos, España

Últimos días para inscribirse nas VI Xornadas de Bioconstrución: Arquitectura Vernácula e os seus oficios, que organiza a Asociación Galega para a Bioconstrución en colaboración coa Deputación de Lugo. Este evento totalmente de balde terá lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. O prazo de inscrición continúa aberto e as persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa solicitude no seguinte enlace: www.espigabioconstrucion.org/actividades/

Esta é a sexta edición deste evento que busca divulgar sobre o uso de materiais e técnicas con criterios de bioconstrución; informar sobre as calidades destes materiais e formar a técnicos, aplicadores, profesionais e expertos nas diferentes técnicas construtivas axeitadas a estes criterios.

Nesta ocasión, as xornadas xirarán entorno á arquitectura vernácula e aos seus oficios, nas que primarán cuestións relacionadas coa arquitectura do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, entre outras, co fin de revalorizar as edificacións populares.

Programa

Venres, 13 de setembro
– 16:30 horas: presentación das xornadas
– 17:00 horas: arquitectura tradicional en Galicia (Pedro de Llano)
– 17:45 horas: territorio e paisaxe (Ana Isabel Filgueiras)
– 18:30 horas: pausa café
– 19:00 horas: vivendas bioclimáticas en Galicia (Dolores García Lasanta)
– 19:45 horas: os espazos e as construcións da casa en Galicia (Begoña Bas)
– 20:30 horas: mesa redonda
– 21:00 horas: peche da xornada
– 21:30 horas: ECO2 CEA
– 23:00 horas: documental: Estructura, pel contra pel (Paco Gallego e Xosé Bocixa)

Sábado, 14 de setembro

– 09:00 horas: eco2 almorzo
– 10:00 horas: a memoria ancestral dos oficios (Espiga)
– 10:15 horas: carpintería de armar (Manuel Navarrete)
– 11:00 horas: pausa café
– 11:30 horas: morteiros tradicionais (Luis Prieto)
– 12:15 horas: rehabilitación Tapia (Fermín Font)
– 13:00 horas: mesa redonda
– 14:30 horas: ECO2 XANTAR
– 17:00 horas: presentación dos obradoiros de oficios tradicionais
– 17:30 horas: carpintería de armar (Manuel Navarrete); tapia (Fermín Font); morteiros tradicionais trabadillo (Luis Prieto); a cor na arquitectura tradicional (Enrique Jaspe); tellados de lousa (Damián Prado)
– 20:30 horas: peche dos obradoiros
– 21:30 horas: ECO2 CEA e festa guat-eco
– 23:00 horas: actuación do Grupo musical CHEKAN

Actividades paralelas:

– 10:00 Xogos tradicionais (Asociación de bolos celtas de Mañufe) e exposición de materiais (Juan Bello e Luis Prieto)

Domingo, 15 de setembro

– 09:00 horas: eco2 almorzo
– 10:00 horas: patrimonio (Marta Candocia. Oficina De Rehabilitación de Mondoñedo)
– 11:00 horas: exemplos de proxectos de rehabilitación con técnicas de bioconstrución (Xulio Fernández, Miguel Serrano, Pablo Reboredo e Paul Van Der Mel)
– 12:30 horas: mesa redonda
– 13:30 horas: peche das xornadas e aperitivo
– 14:30 horas: ECO2 XANTAR

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información