Xornada da Deputación de Lugo sobre turismo agroalimentario e desenvolvemento local

Será os días 18 e 19 de decembro no Salón de Actos da Deputación, e participarán 15 expertos relacionados con proxectos turísticos na provincia. A xornada, enmarcada no Plan Estratéxico de Turismo, inclúe unha visita á Ruta da faba de Lourenzá

Xornada da Deputación de Lugo sobre turismo agroalimentario e desenvolvemento local
Data inicio: 18/12/2018
Data fin: 19/12/2018
Lugar:
Warning: Illegal string offset 'address' in /home/campogal/public_html/wp-content/themes/newsplus-child/single.php on line 355

O Salón de Actos da Deputación acollerá os días 18 e 19 de decembro unha xornada de turismo agroalimentario e desenvolvemento local, na que participarán 15 expertos relacionados con proxectos turísticos na provincia.

Así o avanzou este martes en rolda de prensa o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e no que se tratarán temas como as novas oportunidades como agroturismo ou as claves para a creación de produtos de enoturismo. A xornada, enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo, inclúe unha visita a Ruta da faba de Lourenzá. A inscrición é gratuíta.

Poñentes

Vidal Baamonde explicou que “ao longo destes dous días teñen cabida os representantes do turismo agroalimentario provincial; axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros e gandeiros, entre outros. Participaran responsables de proxectos de éxito relacionados con este sector como Milhulloa, Champivil, Caurelor, Embutidos Suarna ou a C.R.D.O Queixo do Cebreiro.

Ademais, tamén intervirán o Director do Instituto Galego do viño, Xoan Cannas que falará sobre as claves para a creación de produtos de enoturismo; e Sandra Touza, CEO da plataforma I´m a Local e de Ponle cara al turismo, que tratará as novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento rural”.

Programa e inscrición

O mércores día 19 os asistentes a esta xornada realizarán unha ruta pola faba de Lourenzá. No programa inclúese visitas guiadas polo patrimonio artístico da vila como o Mosteiro de San Salvador ou o Museo de Arte Sacro; paseos pola natureza na área recreativa “Muíño do Pereiro”, unha degustación gastronómica, e outras visitas como o Centro de Interpretación da faba.

Todas as persoas interesadas en participar nesta xornada, completamente gratuíta, teñen unha banner na web da deputacion; http://www.deputacionlugo.gal/ con toda a información, ou no telef: 982 260 234, e no correo; [email protected].

O Salón de Actos da Deputación acolle esta xornada os días 18 e 19 de decembro, co seguinte programa.

MARTES 18 DE DECEMBRO (SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO):

9:00 horas: recepción de asistentes

9:30 horas: Inauguración das xornadas sobre Turismo agroalimentario e desenvolvemento local.

9:45 HORAS-11:45 HORAS – Novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento local: agroturismo ou turismo agroalimentario. Sandra Touza. CEO da plataforma I´m a Local e de Ponle Cara al Turismo.

11:45- 12:15 Pausa

12:15- 13:45 horas – As claves para a creación de produtos de enoturismo. Xoán Cannas. Director do Instituto Galego do Viño.

SESIÓN DE TARDE

16:00-18:30 horas: Coloquio: O potencial do sector agroalimentario lucense para a creación de novos produtos turísticos.

Modera: Eduardo Vidal Baamonde. Deputado- Delegado de Turismo e Cultura.

Interveñen

José Manuel Rodríguez González. C.R.D.O. e Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

José Cuadrado Oural. Cooperativa Terras da Mariña

Consuelo López Rodríguez. Gandería Quintián.

José Luis Carreira Valín. Ecoagroturismo Arqueixal.

Chusa Expósito Casal. Milhulloa.

Mónica Díaz Jublín. Guías Oficiais de Galicia (APIT)

Keina González Moure. Siente Galicia

Enrique Fernández Paradela. C.R.D.O. Queixo do Cebreiro.

Luzdivina Castelo Rey. Champivil.

Verónica Núñez López. Caurelor.

María del Carmen Sánchez Iravedra. Embutidos Suarna.

Representante da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo.

MÉRCORES 19 DE DECEMBRO:

SAÍDA DE CAMPO: RUTA DA FABA DE LOURENZÁ

Punto de encontro: Deputación de Lugo

Hora de saída prevista: 9:00 horas. Chegada aproximada ás 19:00 horas.

Haberá un autobús dispoñible para o traslado dos asistentes dende a Deputación O PROGRAMA DA RUTA DA FABA INCLÚE:

VISITAS GUIADAS POLO PATRIMONIO ARTÍSTICO

– Mosteiro e Igrexa de San Salvador de Lourenzá

– Museo de Arte Sacro

– Fortaleza de Tovar

PASEOS POLA NATUREZA

– Área Recreativa do Muíño do Pereiro

– Miradoiro da Valiña

DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA

Faba de Lourenzá e outros produtos típicos da zona

OUTRAS VISITAS LIGADAS AO MUNDO DA FABA

– Centro de Interpretación da Faba

– Cooperativa Terras da Mariña

*A inscrición nas xornadas e a asistencia á ruta da faba é de balde, non obstante, precísase un número mínimo de participantes inscritos para poder realizar a devandita ruta.

* As prazas dispoñibles para a asistencia ás xornadas son limitadas. A admisión dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información