Visita de ‘Mulleres de Seu’ ó Congreso dos Deputados

Visita de ‘Mulleres de Seu’ ó Congreso dos Deputados

Visita de Mulleres de Seu ó Congreso, coa participación do presidente e do director xeral de Clun.

Unha representación do grupo ‘Mulleres de seu’, conformado por socias da cooperativa Clun, visitou esta semana o Congreso dos Deputados. O desprazamento incluíu reunións coa presidenta do Parlamento, Ana Pastor; coa presidenta da comisión de Igualdade, Pilar Cancela; e co presidente da comisión de Agricultura, José Ignacio Lloréns.

A coordinadora do grupo ‘Mulleres de Seu’, Carmen Rodríguez, trasladoulle ós representantes do Parlamento os obxectivos de ‘Mulleres de Seu’, “centrados na nosa capacitación profesional como empresarias e gandeiras, a formación técnica e emocional, a dignificación do noso papel no ámbito rural e o empoderamento feminino a través da participación na cooperativa e nos seus órganos de xestión”, destacou. “Xuntas queremos contribuir a crear un rural vivo e activo con igualdade de oportunidades”, engadiu.

Mulleres de Seu naceu ao amparo da Fundación Feiraco no 2013 e na actualidade integra a 150 mulleres socias de Clun (Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto). O grupo reuniu ata a actualidade ás súas socias en máis dunha trintena de accións formativas, talleres e outras xornadas de traballo.

Actividades
Durante este 2018 levouse a cabo un intenso calendario de formación, con máis de 15 sesións, seis visitas complementarias a centros tecnolóxicos de referencia, formación en aspectos técnicos como inseminación artificial, técnicas de muxido, xestión de custes ou informática e uso de dispositivos electrónicos, complementado con sesións de ocio e convivencia. A planificación para o 2019 farase en liña coa deste ano, incidindo naqueles aspectos máis demandados polas socias da cooperativa.

Un comité de traballo, formado por 15 socias representativas das tres cooperativas, é o responsable hoxe en día de coordinar os proxectos deste grupo adecuándoos ás necesidades das tres cooperativas que conforman CLUN (Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información