Rebaixa do presuposto da PAC nun 7% a partir do 2021

Publicidade
Rebaixa do presuposto da PAC nun 7% a partir do 2021

O sector demanda a continuidade do actual presuposto da PAC.

A Comisión Europea anunciou hoxe a súa proposta de presupostos para o periodo 2021-2027. O plan da Comisión prevé unha reducción dos fondos adicados á Política Agraria Común (PAC) dun 7% a partir do 2021. O motivo da baixada está no Brexit e nas necesidades de financiación de novas políticas. Desde Farm Europe, unha organización de análise da política agrícola comunitaria, calculan que a PAC perderá un 7,2% do presuposto no periodo 2021-2027 e un 11,2% a partir do 2027.

Tanto Farm Europe coma o Copa-Cogeca, a organización que representa a cooperativas e organizacións agrarias a nivel europeo, consideran “moi preocupante” a proposta da Comisión, sobre todo para sectores coma o lácteo, o vacún de carne e os cultivos extensivos. A reducción de axudas levará a unha baixada dos ingresos dos agricultores en máis dun 26% en Dinamarca, o país máis afectado, en tanto que en España rondaría o 3,5% de caída, segundo a simulación de Farm Europe.

Desde o Copa – Cogeca piden que se descarte todo recorte presupostario da PAC, argumentando que os ingresos dos agricultores xa están un 40% por abaixo da media de rendas doutros sectores da economía da UE. “O presuposto actual cústalle menos dunha taza de café por día a cada cidadán da UE e, a cambio, garante alimentos nutritivos e seguros de alta calidade para 500 millóns de consumidores, ao tempo que contribúe á protección do medioambiente e ó fomento do crecemento e do emprego”, valoran.

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información