Publicados os convenios cos Gdr para activar o Plan Leader 2014-2020

Publicados os convenios cos Gdr para activar o Plan Leader 2014-2020

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a relación dos convenios de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e os Grupos de Desenvolvemento Rural polo que estas entidades colaboradoras poderán xa percibir as primeiras achegas para a súa constitución e conformación.

Os convenios, que foron asinados formalmente o 13 de decembro en presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, establecen un investimento de 84 millóns de euros que se repartirán por todo o territorio a través de 24 grupos de desenvolvemento. Todos eles recibirán entre 3 e 5 millóns de euros ata 2020 segundo a valoración obtida nas súas estratexias de desenvolvemento. As entidades percibirán para os seus gastos de funcionamento e animación entre 600.000 e 1.000.000 de euros.

No Leader son os propios GDRs os que seleccionan os proxectos a levar a cabo nos próximos anos, seguindo a filosofía de “abaixo cara arriba”. Estas actuacións incidirán na mellora da calidade de vida da poboación máis envellecida, a implantación das TIC tanto a nivel produtivo como non produtivo, implantación de servizos profesionais e o aproveitamento de produtos de calidade diferenciada.

No caso dos territorios de interior xoga un papel importante a conciliación familiar, a achega de servizos básicos á poboación rural e o apoio a colectivos máis desfavorecidos. Nas zonas máis próximas á costa os esforzos céntranse na loita contra os desequilibrios entre as áreas rurais e periurbanas e na innovación tecnolóxica. Coinciden os 24 GDR en apostar pola promoción dos territorios e pola mellora dos servizos turísticos.

Asinantes Obxecto Data da sinatura Achega de Agader
Consellería do Medio Rural, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Fondo Galego de Garantía Agraria, Axencia Tributaria de Galicia, Instituto de Estudos do Territorio, Fundación Juana de Vega e Universidade de Santiago de Compostela Observación da mobilidade e o mercado da terra en Galicia 29.12.2016 Sen achega económica
Grupo de Desenvolvemento Rural A Limia-Arnoia Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 868.212,72 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense-Adercou Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 692.950,72 € (importe máximo estimado)
Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Maiv-Baixo Miño Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 689.671,68 € (importe máximo estimado)
Asociación Carballiño-Ribeiro Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 738.924,36 € (importe máximo estimado)
Asociación para o Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 692.950,72 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 681.997,88 € (importe máximo estimado)
Asociación Costa da Morte GDR Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 771.915,64 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desarrollo Rural Deloa Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 681.997,88 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 716.506,36 € (importe máximo estimado)
Asociación Miño-Ulla Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 794.935,92 € (importe máximo estimado)
Asociación de Montes e Vales Orientais Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 1.056.122,48 € (importe máximo estimado)
Asociación Monteval Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 783.091,20 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 685.054,24 € (importe máximo estimado)
Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-O Morrazo Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 713.227,32 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 842.114,12 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 994.222,00 € (importe máximo estimado)
Grupo de Desenvolvemento Rural O Salnés-Ulla-Umia Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 681.997,88 € (importe máximo estimado)
Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22 Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 744.478,68 € (importe máximo estimado)
Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 1.030.023,88 € (importe máximo estimado)
Asociación de Desenvolvemento Rural Terra Chá Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 907.159,80 € (importe máximo estimado)
Asociación Terras de Miranda Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 681.997,88 € (importe máximo estimado)
Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Valdeorras Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 808.252,88 € (importe máximo estimado)
Asociación Terras de Compostela Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 681.997,88 € (importe máximo estimado)
Ulla-Tambre-Mandeo Aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local na medida Leader de Galicia, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 13.12.2016 740.195,84 € (importe máximo estimado)


Observatorio de terras

A publicación do DOG tamén contempla o convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e Universidade de Santiago de Compostela para poñer en marcha o Observatorio da mobilidade de terras para a análise da información que permita facer un seguimento da mobilidade e mercado da propiedade rústica en Galicia.

Este convenio ten por finalidade proporcionar os datos necesarios para dar continuidade ao proxecto “Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial” que xurdiu para o estudo da problemática da mobilidade e do mercado da terra en Galicia.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información