Os cazadores advirten de que as novas modalidades de caza do xabarín causarán mortos

A Unión de Tecores de Galicia (Unitega) mantén reunións de traballo con tódolos grupos parlamentarios para trasladarlles a necesidade de que o Parlamento aborde o problema do porco bravo nunha comisión específica

Publicidade
Os cazadores advirten de que as novas modalidades de caza do xabarín causarán mortos

Os danos que causa o xabarín no agro e nas estradas obrigan a abordar o problema nunha comisión específica no Parlamento de Galicia. É a mensaxe que a Unión de Tecores de Galicia (Unitega) lle trasladou ós cinco grupos parlamentarios da Cámara galega, cos que mantivo estes días reunións de traballo. Unitega pide que se cree un espazo de diálogo con tódolos implicados, cazadores, agricultores e a propia Administración. O colectivo posiciónase tamén en contra dalgunhas das últimas medidas tomadas para controlar o porco bravo.

Os cazadores son especialmente críticos co anuncio de Medio Ambiente de permitir dúas novas modalidades de caza maior, a caza ó salto e a caza en man, pois consideran que eses xeitos de cazar “causarán mortos no monte”.

“Actualmente, a caza do xabarín practícase en toda Galicia mediante a realización de batidas nas que se forma un grupo que conta cun mínimo de 8 participantes, entre os que un deles exerce a función de responsable e organizador. Estas batidas son autorizadas pola Administración e o calendario das mesmas tamén lle é trasladado á Guardia Civil, a efectos das correspondentes labores de control. Os participantes levan prendas de alta visibilidade e en determinados casos, tamén se deben sinalizar os camiños de acceso á mancha de caza”, explican desde a Unión de Tecores.

“Pola contra, a nova modalidade pode ser exercida por un cazador individual ou por grupos que deambularán polo monte sen as fortes restriccións que se lle esixen ás batidas. Todo o colectivo de cazadores coincide na perigosidade que ten realizar estas dúas modalidades de caza en Galicia, pois dispáranse proxectiles de bala que poden matar ós usuarios do monte alleos á actividade cinexética”.

Unitega apela ó sentido común para que esta iniciativa lexislativa se valore coa profundidade que require, de xeito que non se tomen decisións precipitadas que logo se poidan lamentar. Os cazadores propoñen crear un comité específico no Parlamento para valorar as medidas a adoptar e lembran tamén que, dada a expansión acadada polo xabarín en Galicia, o escenario de “danos cero” é un imposible.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información