O 95% dos accidentes mortais con tractor son de non profesionais con máis de 65 anos

A Xunta e o Goberno central publican un tríptico para previr accidentes no tractor. No que vai de ano houbo en Galicia 55 accidentes con implicación de vehículos agrícolas, nos que houbo 11 falecidos. A idade media dos tractores na comunidade é de 27 anos

Publicidade
O 95% dos accidentes mortais con tractor son de non profesionais con máis de 65 anos

Presentación da campaña este venres na Coruña.

A Xunta de Galicia e a Delegación do Goberno de Galicia colaboran na posta en marcha da campaña “Prevención de riscos no tractor” co obxectivo de reducir a sinistralidade neste ámbito con especial atención no rural.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentaron este venres na Coruña esta iniciativa conxunta, que se centra en alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros, informando de cales son as causas máis recorrentes dos accidentes, e achegar as recomendacións básicas coas que se evitarían moitos sinistros deste tipo.

A campaña recolle información técnica en catro ámbitos que se consideran os máis relevantes na prevención dos riscos e pola súa incidencia causal nos accidentes con tractor como son a seguridade viaria, a protección da toma de forza e do eixo cardánico, as proteccións do tractor fronte a envorcadura e medidas contra a envorcadura.

Toda esta documentación plásmase nos 32.500 trípticos e 200 carteis que se distribuirán nos controis de tráfico da Garda Civil en estrada específicos para tractores, nos puntos fixos da ITV e nas súas unidades móbiles para os vehículos agrarios e nos concellos galegos.

0 95% dos accidentes mortais con tractor son de usuarios non profesionais con máis de 65 anos

Neste sentido, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, fixo fincapé, ademais, no labor que está a desenvolver o ISSGA para minimizar ao máximo este tipo de accidentes salientado, ao respecto, que nos accidentes mortais en tractor máis do 95% de persoas non están afiliadas ao réxime especial agrario, é dicir, son sinistros non laborais sendo a idade medida da maior parte dos sinistros de máis de 65 anos. A meirande parte deles prodúcense cando se realizan tarefas agrarias ou nos seus desprazamentos.

Neste senso, a secretaria xeral de Emprego apuntou que 2015 se pechou sen ningún accidente mortal co uso de tractor no ámbito laboral.

“Moitos non teñen a obrigación de levar o sistema antivuelco e non o poñen de forma voluntaria”

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, remarcou que, no que levamos de ano, rexistráronse polo menos 55 accidentes con implicación de vehículos agrícolas, nos que houbo 11 falecidos. Por iso, tanto o delegado do Goberno como a secretaria xeral de Emprego subliñaron que o obxectivo da campaña é “concienciar” aos usuarios destes vehículos.
“Que os condutores teñan permiso de conducir, a ITV en vigor e en regra e o seguro obrigatorio”, resumiu o delegado do Goberno. A iso, sumou cuestións como que se “respecte” o número de persoas que poidan ir nun tractor.

Sobre os 403.624 vehículos deste tipo que hai en Galicia, Villanueva precisou que roldan de media os 27 anos de antigüidade, o que implica, segundo expuxeron na presentación da campaña, que non leven elementos de seguridade que si incorporan os novos.

“Moitos non teñen a obrigación de levar o sistema antivuelco e non o poñen de forma voluntaria”, recoñeceu, respecto diso, o tenente coronel Francisco Javier Molano.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información