A Fruga interpón un contencioso contra a Xunta polas subvencións a organizacións agrarias

A Federación Rural Galega presentou un recurso contra a orde da Consellería do Medio Rural ao entender que queda excluída sen motivos que o xustifiquen

Publicidade
A Fruga interpón un contencioso contra a Xunta polas subvencións a organizacións agrarias

Xurxo Álvarez, presidente da Fruga.

A orde de axudas dirixida a organizacións agrarias, convocada por Medio Rural en decembro do 2017, vén de ser impugnada pola Federación Rural Galega (Fruga) por medio dun recurso contencioso administrativo. A Fruga considera que a orde de axudas, dotada de 210.000 euros para o conxunto do sector, ten unhas bases reguladoras que na práctica impiden que a Fruga se poida beneficiar desas axudas.

Na argumentación do seu recurso, a Federación destaca que é unha organización profesional agraria constituída e recoñecida ao amparo da Ley 19/1977, que regula o dereito de asociación sindical. A Fruga cuestiona que a orde da Consellería deixe fóra ás organizacións que non teñan concorrido ás eleccións a cámaras agrarias provinciais do 2002, pois considera que desde aquela ten mudado o panorama de representatividade do sector.

Outra das cuestións coas que non está de acordo a Fruga é con que a orde de axudas estableza a obrigación de pertenza da organización solicitante a unha organización profesional agraria a nivel estatal.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información