Fixados os importes das axudas asociadas para gandarías de ovino e de caprino

Publicidade
Fixados os importes das axudas asociadas para gandarías de ovino e de caprino

Cabras da gandería Cabuxa Natur

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo públicos este mércores os importes unitarios definitivos das axudas asociadas para gandarías de ovino e de caprino, que ascenden a 11,51 euros para ovellas e 6,45 ou 8,20 euros para cabras, segundo sexa zona peninsular ou de montaña.

En concreto, para o sub-réxime de axuda para as explotacións de ovino en rexión Peninsular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 124.404.523 €, a repartir entre 10.802.726 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario definitivo de 11,51 €/animal.

Para o sub-réxime de axuda para as explotacións de ovino en rexión España Insular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 3.392.700 €, a repartir entre 159.871 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados por Comunidade Autónoma de I. Baleares, establecéndose por iso un importe unitario definitivo de 21,22 €/animal.

AXUDAS_FEGA_OVIINO_18

Axudas asociadas a gandarías de caprino

Para o sub-réxime de axuda para as explotacións de caprino en rexión Peninsular hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 5.374.463 €, a repartir entre 832.668 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario definitivo de 6,45 €/animal.

Para o sub-réxime de axuda para as explotacións de caprino na rexión España Insular e Zonas de Montaña, hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2017 de 5.082.318 €, a repartir entre 619.310 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario definitivo de 8,20 €/animal.

AXUDAS_FEGA_CAPRINO_18

En ambos os casos, estes importes unitarios definitivos para cada sub-réxime, débense aplicar tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados cos importes unitarios provisionais. Por tanto, con este importe unitario definitivo, xa é posible proceder ao pago do 100% do importe total a abonar polo citado réxime de axuda.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información