Dez candidaturas compiten polo XIX Premio Aresa

Dez candidaturas compiten polo XIX Premio Aresa

Entrega de premios nunha anterior edición do Premio Aresa.

A organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, conformada pola Universidade de Santiago e o Grupo Aresa, recibiu un total de 10 candidaturas para optar ó galardón, que premia iniciativas que contribúan a xerar emprego e riqueza ou a mellorar a calidade de vida das persoas que traballan no rural.

As candidaturas recibidas son as seguintes:

1) Asoporcel.
2) Galo Celta.
3) Atelier Bisqato.
4) Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
5) Denominación de Orixe Protexida DOP Cebreiro.
6) Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
7) Miceltia.
8) Sistema de deshidratación alimentado por enerxía solar para produtos agroalimentarios.
9) Cátedra do pan e do cereal.
10) Proxecto H2GZ Raising Water Para e Por Galicia.

O certame chega este ano a súa décimonovena edición, un tempo no que ten premiado a multitude de entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións e persoas individuais con iniciativas a prol do medio rural galego.

O xurado desta edición está formado por Antonio López Díaz, reitor da USC; Álvaro Rodríguez Eiras, presidente de Aresa; Montserrat Valcárcel Armesto, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo; José Manuel Silva Rodríguez, exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, e José Armando Tellado Nogueira, director xeral de Capsa Food. O xurado examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da iniciativa gañadora o día 10 de xaneiro.

O Premio Aresa 2018 está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información