A Deputación de Pontevedra comeza a entrega de composteiros individuais ós Concellos

Reparten os primeiros 160 equipos para a compostaxe doméstica entre os concellos de Cambados, Sanxenxo, Soutomaior, Oia e O Rosal

Publicidade
A Deputación de Pontevedra comeza a entrega de composteiros individuais ós Concellos

Composteiros individuais.

A Deputación de Pontevedra iniciou esta semana a entrega de composteiros individuais entre os concellos que participan no chamado Plan Revitaliza, que a entidade puxo en marcha para fomentar a compostaxe nos domicilios.

Coincidindo coa Semana Internacional do Compost, que se celebra entre o 5 e o 11 de maio, entréganse os primeiros composteiros entre a veciñanza que vive en casas con horta nos concellos de Cambados, Sanxenxo, Soutomaior, Oia e O Rosal.

Estes concellos recibirán o máximo número de composteiros posibles tendo en conta as súas necesidades teóricas para cubrir o total da veciñanza. Nesta fase, entregaránse uns 163 equipos repartidos do seguinte xeito: Cambados disporá de 26 composteiros, Oia de 20, O Rosal de 22, Sanxenxo de 64 e Soutomaior de 31.

20 concellos da provincia poderán beneficiarse do reparto dos 1.000 composteiros individuais que ten dispoñibles a Deputación

En total serán 20 os concellos da provincia que se poderán beneficiar do reparto dos 1.000 composteiros individuais que a Deputación ten dispoñibles xunto co seu respectivo material complementario (aireadores, guía informativa, etc.).

A entrega destes composteiros individuais complementa a compostaxe comunitaria que se está desenvolvendo nos concellos da provincia para lograr un tratamento de proximidade dos residuos orgánicos. Cos composteiros individuais tratarase por compostaxe tanto a fracción orgánica doméstica convencional producida nas vivendas (os restos de cociña e comidas) así como a de hortas e xardíns evitando, a recollida e transporte do residuo.

Solicitar composteiros individuais

Os restantes composteiros individuais repartinaranos de forma progresiva antendendo ás solicitudes dos “concellos Revitaliza” unha vez que formalicen a súa solicitude correctamente e complementen a entrega da documentación.

Para solicitar estes composteiros, os concellos deberán estar adheridos ó Plan Revitaliza e contar no seu territorio con, alomenos, un centro de compostaxe comunitaria en funcionamento ou unha mestra composteira interina.

Para solicitar estes composteiros, os concellos deberán estar adheridos ó Plan Revitaliza

Os concellos deberán facerse cargo da recollida, transporte, entrega e dar a formación necesaria á veciñanza. Tamén deberán comprometerse a facer un seguimento dos composteiros repartidos, cun mínimo de dúas visitas ós domicilios que os reciban, durante o ano seguinte á súa entrega. Non poderán participar aqueles concellos que xa teñen concedida a Liña 2 das subvencións Revitaliza.

Ademais, as administracións locais deberán achegar unha memoria co número de persoas interesadas en obter un composteiro e coa estratexia de reparto e formación, xunto coas declaracións responsables de cumprir as obrigas municipais ó respecto.

O compost, clave para reducir a pegada de carbono

Ademais da entrega dos composteiros, a Deputación está a realizar estes días distintas actividades para achegar a compostaxe á cidadanía. Entre outras iniciativas realizaron xornadas informativas en centros educativos ou o reparto de compost.
Este ano ademais, a celebración da Semana Internacional do Compost ten como lema ‘Cool de Climate – Compost’ co que se incide en que a achega de compost ós chans agrícolas contribúe a reducir a pegada de carbono e a mitigar o cambio climático.

– Máis información sobre o Plan Revitaliza.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información