Garcia Quintana - muxido 2

Curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras

A Consellería de Medio Rural organiza o vindeiro 25 de outubro en Lugo un curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras. O curso é gratuíto e está dirixido a gandeiros co afán de mellorar a organización laboral da empresa.

A actividade de formación, que leva por título “Novas estratexías de revalorización e de xestión técnico-económica das explotacións galegas co emprego de novas tecnoloxías e benchmarking”, será impartida por Yolanda Trillo, veterinaria e especialista en xestión de recursos humanos en ganderías.

O curso é de carácter gratuíto e celebrarase no IBADER – Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, no Campus de Lugo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Os contidos que se impartirán son:

-¿Es o líder da túa empresa?
-¿Como lideras a túa empresa?
-Estrutura do equipo de traballo: Organización do traballo e coordinación de equipos.
-Como seleccionar o perfil de persoal que necesito?
-Posicionamento do líder co persoal
-Motivación do persoal: Metodoloxía dinámica e en grupo mediante resolución de casos prácticos reais.

As persoas interesadas en asistir deberán enviar un email a [email protected] O límite é de 20 prazas, que se reservarán por orde de inscrición.