Curso online de “Xestión de crises alimentarias”

Publicidade
Curso online de “Xestión de crises alimentarias”

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) do Ministerio de Traballo ofrece un curso online gratuíto de “Xestión de crises alimentarias”. O curso consta de 50 horas de teleformación e permite obter o Diploma Oficial Servizo Público Emprego Estatal.

Obxectivo Xeral:

Identificar e xestionar os axentes que poden pór en perigo a cadea alimentaria, levando a cabo de forma eficiente a súa xestión e comunicación.

Contidos:

1. Definición e conceptos de crise alimentaria.

2. Estudo de crises alimentarias en España.
2.1 Antecedentes.
2.2 Custos.

3. Xestión de crises alimentarias.
3.1. Conceptos.
3.2. Características e tipos.
3.3. Modelos de xestión e comunicación.

4. Guías e ferramentas para a xestión de incidentes alimentarios.
4.1. Protocolo da AESAN.
4.2. Manual AECOC.
4.3. Sistema SILUM.
4.4. Redes de alerta: SCIRI, RASFF, INFOSAN Exercicio práctico.

5. Normativa e protocolo específicos sectoriais.

Requisitos:

Curso dirixido a autónomos e empregados que procedan destes sectores de actividade (salvo que sexa desempregado):

Acción dirixida prioritariamente para empregados do sector de produción, manipulado e envasado para o comercio e exportación de cítricos, froitas, hortalizas, flores e plantas vivas; podendo participar empregados de todos estes sectores:

– Produción, manipulado e envasado para o comercio e exportación de cítricos, froitas, hortalizas, flores e plantas vivas.
– Sector agrario, forestal e gandeiro.
– Madeira.
– Xardinaría.
– Granxas avícolas e outros animais.

Máis información e matrícula aquí

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información