Convócanse os premios Agader ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190213/AnuncioO90-160119-0001_gl.html

Prazo: Ata 14/03/2019

Resumo:

Diario Oficial de Galicia publica este mércores a convocatoria da décima edición dos Premios Agader a iniciativas de desenvolvemento rural, promovida pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
Estes premios buscar apoiar as iniciativas que contribúen a dotar o rural de dinamismo desde o punto de vista social e económico e cun enfoque sustentable.

Os galardóns están dotados cun total de 80.000 euros para as diferentes categorías:

O primeiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 25.000 euros.
– O segundo premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros.
– O terceiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 12.000 euros.
– O cuarto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 8.000 euros.
– O quinto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 5.000 euros.
– O premio especial para mozos e/ou mozas constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros. Para estes efectos, terán a consideración de mozos ou mozas os que non teñan máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a candidatura ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.

O xurado valorará que as iniciativas presentadas contribúan á actividade económica do territorio no que se desenvolven e o nivel de creación de emprego. Tamén se avaliará o seu grao de sustentabilidade económica, medio ambiental e sociocultural, así como outros aspectos, como a incorporación e inserción laboral da muller.

O prazo de presentación das candidaturas é dun mes ao da data de publicación do DOG ; é dicir, ata o 14 de marzo.

Poderán concorrer aquelas iniciativas de desenvolvemento rural de persoas físicas ou xurídicas –sexan públicas ou privadas– que se localicen en Galicia e que foran executadas con carácter previo á publicación da convocatoria.

Consulta aquí toda a información. 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información