LOBO_PECHE_cabraS_MASTIN_01_STANDAR

Convocadas as axudas para previr os danos do xabarín e do lobo nos cultivos e no gando

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica este martes no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2019.

A axuda divídese en liñas e subliñas cos seguintes conceptos subvencionables:

LIÑA A: Prevención dos danos do lobo:

– Subliña 1: adquisición de cans de protección do gando, pastores eléctricos e/ou peches móbiles de malla electrificada.

– Subliña 2: adquisición e instalación de peches fixos.

LIÑA B: Prevención dos danos do xabaril:

– Adquisición de pastores eléctricos.

Orzamento de 300.000 € dividido nas liñas e subliñas:

-Liña prevención danos lobo: 200.000 €

Subliña 1: 140.000 €
Subliña 2: 60.000 €

-Liña prevención danos xabaril: 100.000 €

Adquisición de cans de protección:

Cadelos de raza Mastín Español, Mastín do Pirineo e Can de Palleiro, así como os gastos de identificación. Requírese certificado de inscrición no libro xenealóxico da raza.

A partires do 12 de xuño de 2019 os establecementos nos que se adquira o can de compañía deberán estar autorizados conforme a lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía.

lobo_1

Importe máximo de 500 €/can.

Adquisición de pastores eléctricos:

As explotacións gandeiras poden solicitar pastores en función do seu censo:

lobo_2

No caso das explotacións agrarias, en función da superficie admisible declarada na PAC 2018:

lobo_3

No caso de explotacións de autoconsumo, un pastor por beneficiario. Contía máxima de 600 €/explotación e un máximo de 150 €/pastor de batería ou conectado á rede e de 300 €/pastor con placa fotovoltaica.

Os pastores eléctricos deben ter unha enerxía de saída mínima de 2 J e un voltaxe mínimo de 8 kV e, no caso de ter placa solar, esta será dunha potencia mínima de 10 W.

Adquisición de mallas móbiles electrificadas:

Contía máxima de 100 €/malla de 50 m ata un máximo de 8 mallas por explotación.

Adquisición de peches fixos electrificados:

lobo_4

Deberase contar no momento de solicitude coas licencias perceptivas para a realización dos peches ademais dunha memoria explicativa do proxecto.

Peches fixos electrificados con arames ou malla electrificada:

Peche con postes de madeira tratada de 1,8-2 m de altura con 6-8 arames electrificados de 2 mm de diámetro. Importe máximo de 3 €/m lineal ata un máximo de 1.500 € por valado (máximo de 500 m/valado).

Peches fixos electrificados con arames e malla cinexética:

lobo_5

Peche con postes de madeira tratada de 2 m situados cada 3-4 m e malla de 1,5 m de altura con 3 arames electrificados, 2 colocados cada 10 cm por riba da malla e un por fora a 25 cm do chan.

Importe máximo de 3,7 €/m lineal ata un máximo de 3.700 € por valado (máximo de 1.000 m/valado).

Prazo para a presentación de solicitudes, ata o 8 de febreiro. No caso de ter concedida a axuda, a resolución espérase para o mes de maio, o prazo de xustificación será ata o 9 de setembro de 2019.