Circular do FEGA sobre as penalizacións ás solicitudes de axudas gandeiras de 2015

Publicidade
Circular do FEGA sobre as penalizacións ás solicitudes de axudas gandeiras de 2015

Gando no Monte Forgoselo

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar unha circular sobre o procedemento para a aplicación de penalizacións ás solicitudes de axudas asociadas á gandaría relativas á campaña 2015 da PAC.

As penalizacións corresponden aos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e a outros réximes de axuda. O texto describe as penalizacións por irregularidades de animais detectadas nos sub-réximes de axuda por gando bovino e ovino e/ou caprino, así como o cálculo das penalizacións por incumprimentos de animais detectados nos réximes de axuda por gando.

Ademais, a circular de FEGA informa do cálculo da porcentaxe de penalización cando os incumprimentos afectan como máximo a tres animais ou a máis de tres animais e a recuperación de importes indebidos por incumprimento dos requisitos da axuda específica por vulnerabilidade do gando ovino.

Por último, recolle a información sobre as penalizacións por presentación da solicitude cun atraso igual ou inferior a 25 días.

Consulta a circular do FEGA nesta ligazón.

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información