Charlas informativas en Lugo e Sarria sobre as axudas de plans de mellora e de incorporación

Charlas informativas en Lugo e Sarria sobre as axudas de plans de mellora e de incorporación

Os Oficinas Agrarias da Consellería de Medio Rural da Área de Lugo organizan para os vindeiros días dúas charlas informativas sobre os aspectos máis destacados e as novidades das axudas deste ano para plans de mellora, para a incorporación de persoas mozas e das axudas a pequenas explotacións agrarias.

Ademais, informarase dos compromisos que teñen que cumprir as persoas beneficiarias destas axudas nos exercicios 2018 e 2017. Por tanto, as charlas están dirixidas preferentemente a todas as persoas beneficiarias destas axudas ou que as solicitaron para este ano.

As charlas, que serán impartidas por técnicos da Consellería do Medio Rural, terán lugar en Lugo, este xoves día 6, ás 11:00 horas, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta.

E para a vindeira semana, venres día 14, a charla celebrarase en Sarria, na Casa da Cultura, tamén ás 11:00 horas.

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información