As axudas asociadas por vacas de leite quedan en 126 euros por animal e en vacas de carne en 91

Publicidade

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) fixo públicos esta semana os importes unitarios definitivos das axudas asociadas ás explotacións gandeiras que manteñan vacas nutrices en vacún de carne e vacas de leite, e que para a España peninsular sitúanse en 91,38 e 126,15 euros por animal, respectivamente.

Axudas a explotacións de vacún de leite: unhas 335.000 cabezas de gando en Galicia recibirán esas axudas

fega axudas 19 vacas 1

No caso das axudas asociadas ás explotacións de vacún de leite, a dotación orzamentaria para a campaña 2018 ascende a 60.074.878 euros para a rexión España Peninsular e 31.224.4723 euros para a rexión Insular e zonas de montaña.

O importe das axudas por animal en cada unha das dúas rexións establecidas concédese por estratos, de modo que as primeiras 75 cabezas dunha explotación recibirán o importe unitario completo, mentres que as vacas distintas das 75 primeiras da explotación percibirán un 50% da axuda asociada.

Respecto á campaña 2018, o número de animais que cumpren os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 571.259 respecto da rexión España Peninsular e 243.713 en relación á rexión Insular e Zona de Montaña. É dicir, máis de 810.000 vacas de leite recibirán axudas, das que unhas 335.000 están en Galicia.

Os importes unitarios definitivos para o pago de anticipos queden fixados en 126,154720 €/animal para as explotacións situadas na rexión España Peninsular e en 141,883304 €/animal para as explotacións situadas na rexión Insular e Zonas de Montaña.

Axudas por dereitos especiais en vacún de leite

fega axudas 19 vacas 2

En canto á axuda por dereitos especiais para explotacións de vacún de leite, o número de APS que cumpren de maneira definitiva os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 12.859, segundo se desagrega no anterior recadro por comunidades autónomas, o que supón que o importe unitario provisional para o pago dos anticipos quede fixado en 173,186095 €/animal.

Axudas por vacas nutrices en vacún de carne

A estas axudas teñen dereito un total de 2.034.306 animais na España peninsular, e 2.810 nas illas. Deste total, unhas 170.000 vacas nutrices corresponden a Galicia, que experimenta unha importante baixada respecto das 196.720 vacas nutrices con dereito a axuda da anterior campaña. E isto nun contexto no que aumentaron os animais con dereito a axudas no conxunto de España.

fega axudas 19 vacas 3

Para esta axuda diferéncianse tamén dúas rexións: España peninsular e rexión insular. A dotación orzamentaria para a campaña 2018 ascende a 185.911.785 € para a rexión España Peninsular e 450.410 € para a rexión Insular.

Desta forma, os importes unitarios definitivos para o pago de anticipos queden fixados en 91,39 €/animal para a rexión España Peninsular e 160,29 €/animal para a rexión Insular.

Na España peninsular, finalmente hai máis animais que cumpren todos os requisitos necesarios para cobrar a axuda asociada que os que se tiveron en conta cando se calculou o importe unitario provisional, isto motivou que o importe unitario definitivo final sexa lixeiramente inferior ao que se comunicou como provisional e co que se efectuou o pago de anticipos.

Estes importes unitarios definitivos aplícanse, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados cos importes unitarios provisionais.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información