Aprobada a normativa sobre a receita electrónica de antibióticos en veterinaria

Publicidade
Aprobada a normativa sobre a receita electrónica de antibióticos en veterinaria

O Consello de Ministros aprobou este venres, a proposta do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, un Real Decreto polo que se establece a transmisión electrónica de datos das prescricións veterinarias de antibióticos e pensos medicamentosos destinados a animais produtores de alimentos para consumo humano, formulados con base en premezclas que sexan antibióticos, e modifícanse diversos reais decretos en materia de gandaría.

Nesta norma regúlanse as condicións e requisitos aplicables á transmisión electrónica destas prescricións, establecendo que os profesionais veterinarios deben proporcionar á Administración os datos relativos aos antibióticos que prescriban con destino a animais de consumo humano nas explotacións en que traballan.

Dáse así cumprimento, no ámbito veterinario, ao Plan estratéxico e de acción para reducir o risco de selección e diseminación da resistencia aos antibióticos, aprobado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional da Saúde, e pola Conferencia Intersectorial do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Para iso é necesario dispor de datos cuantitativos sobre os antibióticos que se receitan aos animais de produción, para contar coa información adecuada, co fin de mellorar a súa utilización e concienciar para un uso sustentable dos mesmos, en cumprimento da mencionada estratexia da Unión Europea sobre resistencias aos antibióticos.

A nova norma conta cun alto grao de consenso no sector gandeiro e na organización colexial veterinaria, que xa promoven o uso eficiente dos antibióticos na práctica ordinaria do medicamento veterinario e están plenamente concienciados da necesidade do seu uso racional na sanidade animal.

A nova normativa será publicada nos próximos días no BOE.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información