Vendidas as cinco xovencas presentadas por ACRUGA na poxa de Boimorto

Todas foron vendidas a 1.700 euros. A próxima poxa será o 5 de abril en Pedrafita do Cebreiro.

Vendidas as cinco xovencas presentadas por ACRUGA na poxa de Boimorto

Imaxe da poxa.

A poxa celebrada esta fin de semana en Boimorto (A Coruña) finalizou coa adxudicación das cinco xovencas que Acruga levou á poxa. Todas elas cubríronse polo seu prezo de saída, fixado en 1.700 euros, ao ser xovencas sen preñar.

Coma sempre, os gandeiros que conseguiron estes exemplares, todos eles da provincia de Lugo, contaron cunha axuda á compra por parte da Caixa Rural.

A próxima cita de Acruga será o próximo domingo, día 5 de abril, no mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro, onde se subhastarán cinco xovencas preñadas, procedentes do rabaño de elite do centro de recría da granxa Gayoso Castro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información