Temen que cos prezos á baixa as femias de recría deixen de comercializarse en Amio

A mesa de cotizacións do Gando de Abasto do Mercado de Amio mantívose sen cambios esta semana porén apréciase unha tendencia á baixa dos prezos do gando de recría, en concreto das femias de calidades regular e inferior en tódalas razas. Unha situación que os vogais coinciden en definir como extraordinaria e temen que de continuar esta tendencia se deixe de comercializar esta recría  no mercado de Amio.

Nesa mesma mesa, os prezos mantivéronse sen variacións para o gando mediano para sacrificar e para o vacún maior aínda que neste último tamén se aprecia unha tendencia á baixa.

A mesa de prezos da IXP Ternera Gallega foi a única que experimentou un incremento dos prezos en 4 céntimos para as canais da categoría Suprema. Os vogais tamén sinalaron unha escaseza notable desta calidade no mercado.

No referido á asistencia de gando, na sesión de hoxe contabilizáronse 2.327 reses, 99 menos có pasado 12 de setembro. Houbo 1.753 cabezas de vacún menor (151 menos que na sesión anterior), 286 de vacún mediano (24 máis ca no mercado pasado) e 270 de vacún grande (21 animais máis có mércores anterior).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (19-IX-2018)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información