Subhastadas en Pedrafita cinco xovencas de ACRUGA a unha media de 1.900 euros

A maior cotización foi para unha xovenca, preñada de 7-8 meses, cunha idade de 25 meses, filla de Manteigo, que se adxudicou en 2.150 euros.

Subhastadas en Pedrafita cinco xovencas de ACRUGA a unha media de 1.900 euros

Imaxe das xovencas poxadas.

A poxa de xovencas preñadas e sen preñar organizada por ACRUGA e celebrada esta mañá en Pedrafita do Cebreiro finalizou coa compra de cinco dos seis animais presentados á poxa, cun prezo medio de case 1.900 euros.

Os compradores foron dous gandeiros de Pedrafita que puxaron por dúas xovencas cada un e outro procedente de Palas de Rei. A maior cotización foi para unha xovenca, preñada de 7-8 meses, cunha idade de 25 meses, filla de Manteigo, que se adxudicou en 2.150 euros.

Das tres xovencas que se presentaban sen preñez, unha quedou deserta mentres que as outras dúas vendéronse polo prezo de saída, fixado en 1.700 euros. Malia que só houbo 8 tarxetas, o mercado gandeiro de Pedrafita congregou a moito público, o que propiciou unha poxa moi animada e con boa asistencia de gandeiros e de público en xeral.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información