Suba dos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou este martes unha suba xeral dos becerros, tanto de raza Frisoa como de cruce, mentres que baixa o prezo do vacún maior. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns

Suba dos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha suba xeral dos becerros, tanto de raza Frisoa como de cruce, mentres que baixa o prezo do vacún maior. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns. Soben os ovos e tamén a carne de coello.

En canto ós becerros de recría, os animais de raza frisoa acusaron subas en todas as categorías. Así, a sección máis numerosa e representativa, os animais de entre 20 e 50 días, subiu ata os 106 euros por animal, 9 máis que a pasada semana. Os animais máis novos, con menos de 20 días, subiron 6 euros ata os 83 euros para os machos.Tamén nos becerros frisóns de máis de 50 días se produciu unha notable recuperación, cun prezo medio de 155 euros por xato, fronte aos 115 euros de media da pasada semana.

No caso dos becerros de cruces industriais a tendencia xeral tamén foi á alza, pero con excepcións. Así, os becerros de menos de 20 días baixaron en 8 euros o seu prezo ata os 219 euros. Sen embargo, nos animais de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, subiu o prezo en 22 euros, situándose nos 313 euros, e nas femias en 12 euros para acadar os 201 euros. Pola contra, na sección de máis de 50 días, houbo unha baixada de 9 euros para os machos, co que o prezo medio foi de 379 euros. Nas femias os prezo tamén baixou en 10 euros ata os 272 euros.

En canto aos becerros carniceiros, nos animais de razas de cruces industriais produciuse unha suba de 101 euros nos machos, ata quedar nos 888 euros de media, e de 56 euros para as femias, que subiron ata os 835 euros.

Vacún maior

No vacún maior houbo caída de prezos, agás nas vacas de primeira, que se mantiveron nos 1.106 euros. Porén, nas vacas de segunda, a categoría máis numerosa, caeu o seu prezo en 17 euros ata quedar nos 709 euros de media. Os exemplares de desvelle rexistraron tamén unha baixada, neste caso de 16 euros e o seu prezo medio foi de 443 euros.

silleda 19 setembro 2 porcino

Sen cambios no porcino

No referido ás mesas de cotizacións do porcino, esta semana acordaron de novo manter sen cambios o prezo do porco cebado. Así, os prezos para o porco cebado selecto e normal mantéñense en 1,495 e 1,470 euros o quilo respectivamente. Na categoría de Canle II págase a 1,909 euros o quilo e nos animais de desvelle segue o prezo entre os 0,73 e os 0,79 euros.

Nos leitóns tampouco hai cambios. Deste xeito, o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 58 euros e para os animais chegados de varias ganderías o prezo sitúase nos 53 euros. O prezo por quilo é de 2,9 e 2,65 euros respectivamente.

En canto aos ovos houbo suba en todas as categorías: A XL sobe 0,10 euros e queda nos 1,41 euros a ducia; a L faino en 0,02 e sobe ata os 1,22 euros; a mesma suba para a M, que queda nos 1,07 euros a ducia, mentres que a  S queda en 0,88, despois dunha suba de 0,01 euros. O prezo da galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo.

Por último, no coello a Lonxa de Madrid acordou unha suba de 0,15 euros de forma que o kilo queda nos 2 euros.

silleda 19 setembro 2 vacun

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información