Suba dos becerros de recría en Silleda

O prezo dos becerros de recría de máis de 20 días repunta, mentres que o vacún maior mantense estable . Segue baixando o prezo do porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 6 de outubro

Suba dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola suba dos prezos nos becerros de recría de máis de 20 días nos de Cruce Industrial. Nos de recría de raza Frisona subiron en todas as categorías.

Así, nos becerros de recría de cruzamento industrial, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 271 euros; a 361 € os de 21 a 50 días, e a 380 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 290, 294 e 377 €, respectivamente.

En canto aos tenreiros de Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 106 euros; a 130 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 159 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 91, 122 e 145 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos tamén se mantiveron con leves oscilacións respecto aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.007euros a 1.104 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 702 €, un máis que a pasada semana. As vacas de desvelle pagáronse a unha media de 409 euros de media, fronte aos 425 do pasado martes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_VACUNO_ESPAÑA_6_OUTUBRO_2015

Estabilidade en ovos e coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos das dúas últimas semanas. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,57 € para os XL; 1,35 € a ducia para a categoría E; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, o prezo subiu un 0,10% ata os 1,70 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,03% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,039% na Canle II. Nos principais produtores de porcino da UE, Alemaña, Dinamarca e Holanda, esta semana os prezos mantivéronse sen cambios.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_PORCINO_ESPAÑA_6_OUTUBRO_2015

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información