Suba dos becerros de recría e baixada do porco cebado en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado, subir a dos leitóns e manter a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 18 de outubro

Suba dos becerros de recría e baixada do porco cebado en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría, tanto os de raza Frisoa como os de cruce industrial. O vacún maior experimentou unha certa baixada. Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado, subir as de leitóns e manter as dos ovos.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi á alza. Así, na categoría dos de menos de 20 días, a cotización media foi de 88 euros, fronte aos 82 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 117 euros por xato, o que supón unha suba media de catro euros con respecto ao pasado martes. Pola contra, nos tenreiros de máis de 51 días baixaron os prezos: unha media de 115 euros fronte aos 129 euros da semana anterior.

Nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos foron máis claramente á alza. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias situáronse nos 331 euros, fronte aos 286 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata os 327 euros, catorce máis que na última poxa. Nas femias, tamén houbo suba: 253 euros de media, fronte aos 231 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén subiu ata os 431 euros, fronte aos 397 euros de media da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi á baixa. Deste xeito, quedaron en 1.124 euros de media en categoría primeira, 692 en segunda -a máis numerosa- e 391 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.088, 706 e 392 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_vacun_poxa_outubro_3_16

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasa semana: 0,97 euros a ducia na categoría S; 1,16 euros a M; 1,25 a ducia da categoría L e 1,38 euros a XL.
Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter as cotizacións nos 1,75 euros o kilo.

Suba dos leitóns e baixada do porco cebado

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou seguir coa baixada dos prezos das semanas pasadas. Así, nas categorías Selecta e Normal a baixada foi do 0,050%, quedando nos 1,245 e 1,220 euros por quilo, respectivamente; a Canle II caeu un 0,065% ata os 1,584 euros por quilo, e na categoría de desvelle o intervalo de prezos mantívose entre 0,74 e 0,80 euros o quilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos tamén caeron unha semana máis, desta vez un 0,05%, ata os 1,550 euros o quilo, lastrando á baixa ao resto de mercados da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba das cotizacións, desta volta dun 1,5%. Deste xeito quedaron nos 38 euros os procedentes de varias explotacións e nos 43 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_poxa_outubro_3_16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información