Suba dos becerros de recría de Cruce en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado, e subir a dos leitóns e a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 15 de novembro

Suba dos becerros de recría de Cruce en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría de Cruce e pola baixada nos de raza Frisona, mentres que no vacún maior a tendencia foi á estabilidade nos prezos. Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado, e subir a dos leitóns e a dos ovos. A carne de coello mantense na Lonxa de Madrid nos 1,90 euros o kilo.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi claramente á baixa. Así, na categoría dos de menos de 20 días, a cotización media foi de 92euros, fronte aos 126 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 123 euros por xato, nove menos que o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén caeron: unha media de 142 euros fronte aos 152 euros da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron en xeral á alza. Desta forma, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias situáronse nos 352 euros, fronte aos 301 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 346 euros, seis máis que na última poxa. Nas femias, pola contra, houbo baixada: 272 euros de media, fronte aos 281 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén baixou ata os 389 euros, fronte aos 463 euros de media da pasada semana.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi á estabilidade. Deste xeito, quedaron en 1.126 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda -a máis numerosa- e 382 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.084, 715 e 405 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

cotizacions_silleda_vacun_15_novembro_16

Ovos á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir os prezos en todas as categorías. Así, na XL subiron un 0,010% ata os 1,39 euros a ducia, mentres que nas L, M e S a suba foi do 0,04%, quedando nos 1,30, 1,21 e 1,02 euros, respectivamente.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter as cotizacións da semana pasada nos 1,90 euros o kilo.

Estabilidade no porco cebado e suba nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,195 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II quedou nos 1,519 euros por quilo, e na categoría de desvelle o intervalo de prezos mantense sen cambios entre 0,71 e 0,77 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,520 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi á estabilidade ou a unha lixeira baixada.

En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións un 1%, quedando nos 41 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 46 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

cotizacions_silleda_porcino_15_novembro_16

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información