Suba dos becerros de recría de cruce e dos bacoriños en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba de prezos dos becerros de recría de cruce e a baixada dos de raza Frisona e do vacún maior. Forte suba dos bacoriños e sen cambios no porco cebado

Suba dos becerros de recría de cruce e dos bacoriños en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia/Abanca estivo marcada pola suba de prezos dos becerros de recría de cruce e a baixada dos de raza frisona e do vacún maior. Forte suba nos leitóns mentres que o porco cebado mantense sen cambios.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa a baixada produciuse en todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo medio foi de 110 euros por xato, fronte ós 119 da semana pasada. Na categoría de menos de 20 días a media foi de 81 euros por animal, 21 menos que o pasado martes E nos becerros de máis de 50 días acadáronse os 133 euros de media por animal, 12 menos ca na anterior sesión.

Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi á suba de prezos en case todas as categorías. Así, os xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, situáronse nos 342 euros, 9 máis ca na sesión pasada. Nas femias houbo unha suba media de 4 euros, ata os 228 euros por animal. A excepción foron os animais máis novos, con menos de 20 días, onde os prezos medios baixaron: nos machos ata os 285 euros, fronte ós 320 euros que se pagaron a semana pasada, e nas femias ata os 211 euros fronte aos 222 do martes pasado. En canto aos becerros de máis de 50 días, os machos subiron de prezo ata situarse nunha media de 419 euros por animal, fronte aos 314 da sesión anterior. As femias practicamente tamén subiron quedando nunha media de 326 euros por becerra, fronte aos 311 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha baixada do prezo nos machos, que acadaron unha media de 796 euros por animal, fronte aos 824 da lonxa pasada. As femias tamén caeron de prezo ata os 702 euros de media, fronte ós 749 que acadaran a semana pasada.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi tamén á baixa, a excepción das vacas de desvelle. Nas de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios hoxe foron de 723 euros por animal, fronte aos 731 da semana pasada. Nas vacas de primeira a media foi de 1069 euros, por debaixo dos 1077 euros do pasado martes. O desvelle foi a excepción, cun prezo medio de 426 euros, 15 máis ca semana anterior.

SILLEDA_VACUN_18_11_4

Sen cambios no porco cebado e suba dos ovos e dos leitóns

En canto ó porco cebado, mantivéronse os prezos estables en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedaron nos 1,070 e en 1,045 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II o prezo mantense en 1,357 euros o kilo, mentres, a categoría de desvelle permanece tamén sen cambios nun intervalo de entre 0,52 e 0,58 euros o quilo.

As cotizacións en Alemaña, que é o referente para os prezos de porcino na Unión Europea, o valor medio mantense sen cambios e sitúase unha semana máis nos 1,360 euros por quilo.

Polo que respecta ao leitón, sobe 5 euros o prezo do bacoriño medio de 20 kilos e queda nos 41 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 46 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,05 e 2,3 euros respectivamente.

No referido ós ovos, as categorías XL e L mantéñense sen cambios nos 1,68 euros e nos 1,26 euros a ducia, respectivamente. Para a M acordouse unha suba de 0,02 euros ata os 1,14 euros e a S subiu 0,01 euros ata os 0,92 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de entre 0,16 e 0,23 euros o quilo.

En canto ao coello, a cotización mantense sen cambios na Lonxa de Madrid e queda nos 2,30 euros o quilo.

SILLEDA_PORCINO_18_11_4

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información