Sen cambios nas cotizacións de Amio

Por terceira semana consecutiva, as mesas de prezos de Amio acordaron a repetición de prezos en todas as categorías e calidades de gando. Non hai cambios nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de Abasto. Os vogais desta última Mesa coinciden en apreciar unha tendencia á baixa no gando de recría nos prezos das calidades extra, boa e regular dos machos descostrados e lactantes de cruces industriais de cor.

En canto ó mercado de gando, a asistencia foi hoxe de 1.724 reses, 258 menos que a pasada semana. Houbo 1.415 cabezas de vacún menor (132 menos), 145 de vacún mediano (85 menos) e 163 de vacún grande (33 menos).

Máis información
Táboa completa dos prezos en Amio (17-IV-2019).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información