Repetición de prezos en Amio

Repetición de prezos en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade de tódalas cotizacións, tanto en Ternera Gallega coma na Mesa de gando de abasto, que decide os valores de recría, vacún maior e becerros de sacrificio. Nestes últimos apréciase unha tendencia á baixa dos prezos.

En Ternera Gallega, os vogais valoran que hai un certo equilibrio entre oferta e demanda, non porque aumentase a demanda, senón porque baixou a oferta, o que evita polo de agora unha baixada de prezos que adoita producirse nesta época do ano.

No mercado, a asistencia de gando esta semana foi de 1.903 reses, 71 menos que a pasada semana. Houbo 1.541 cabezas de vacún menor (23 menos), 182 de vacún mediano (47 menos) e 167 de vavcún grande (8 menos).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (20-XI-2019).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información