A poxa de Adai acada un prezo medio de 2.650 euros por animal

A poxa de Adai acada un prezo medio de 2.650 euros por animal

Poxa de Adai esta fin de semana.

O recinto gandeiro de Adai (O Corgo, Lugo) acolleu esta fin de semana unha poxa de 8 animais procedentes de ganderías particulares e da nave de testaxe da Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga). Subastábanse 4 xovencas e 4 novillos. As poxas correron sorte moi diferente, pois mentres que polas xovencas preñadas houbo interese e acadáronse boas cotizacións, tres dos catro novillos quedaron desertos. O prezo medio final dos animais vendidos foi de 2.650 euros.

O animal que logrou maior cotización foi unha xovenca da gandería Castroncán, de Samos (Lugo), que foi para unha granxa de Castroverde por 3.500 euros. Este animal partía cunha alta cualificación no libro xenealóxico, como adoita ser habitual nas reses procedentes desta granxa, xestionada por Manuel López Quiroga, un produtor que acumula numerosas distincións e premios.

As outras tres xovencas subastadas en Adai foron parar para un gandeiro de Paradela, que pagou 2.550 euros pola terceira da poxa; para unha granxa de Palas que abonou 2.300 pola segunda e para un criador de Pedrafita do Cebreiro que fíxose coa cuarta por 2.250 euros.

En canto ós novillos, dous da nave de testaxe de Acruga e dous de ganderías particulares, só se vendeu o animal procedente da granxa de Manuel Fernández Rodríguez, que cun prezo de saída de 2.000 euros, foi adxudicado a un comprador de Castroverde por 2.750 euros.

Outra das reses subastadas.

Outra das reses subastadas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información