Poxa de Acruga este sábado na Fonsagrada

Poxa de Acruga este sábado na Fonsagrada

Poxa de Acruga

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) celebra mañá sábado, a partir das 12.30 horas, a súa tradicional poxa de gando na Fonsagrada, coa que arrinca o que podería denominarse a nova tempada de poxas.

Poxaranse cinco xovencas, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro dependente da Deputación de Lugo, todas elas preñadas de entre tres e cinco meses e medio, e con idades que van dos 22 aos 24 meses. “Coa celebración desta poxa,

Acruga abre unha tempada na que se espera seguir coa tendencia á alza de boas vendas e cotizacións”, sinalan desde a asociación.

Axuda de 200 euros de Caixa Rural Galega

As xovencas presentadas a poxa partirán cun prezo de saída de 1.800 euros e cada unha delas contará cunha axuda á compra de 200 euros, achegada por Caixa Rural Galega.

As persoas interesadas en poxar por algún destes exemplares, de gran calidade xenética, morfolóxica e reprodutora, poderán retirar os cartóns no mesmo recinto feiral desde as 11.30 da mañá.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información