Piden que se exclúa á gandaría das negociacións do TTIP entre Estados Unidos e a UE

Advirten de que "de aprobarse, o tratado sería unha ameaza para a gandaría e a saúde dos consumidores". Calculan que "o TTIPsupoñería a perda de 400 mil postos de traballo na UE nos dez anos posteriores á súa aplicación".

Piden que se exclúa á gandaría das negociacións do TTIP entre Estados Unidos e a UE

Manifestación en Galicia contra o TTIP

Diversas organizacións gandeiras de España piden que se exclúa á gandaría de carne das negociacións entre a Unión Europea e Estados Unidos, a firma do Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento (TTIP polas súas siglas en inglés). Consideran que tras 10 roldas de negociacións “a firma do acordo encontrou grandes dificultades nos subsectores gandeiros de vacún de carne e leite, carne de porcino e polo e de produción de ovos,”.

Segundo estas organizacións, “Estados Unidos e a UE insisten en manter as súas respectivas regulacións en produción gandeira, que supoñen maiores restricións e custos para os produtores comunitarios,”.

Neste sentido, os sectores españois afectados (Asaja, Cooperativas Agroalimentarias e colectivos de produtores como Anprogapor, Aseprhu, Propolo ou Asoprovac) solicitaron nunha carta enviada á Administración española e institucións comunitarias “excluír do tratato ás producións gandeiras sensibles, e que se prolongue nestes sectores a situación actual coas condicións de cotas e aranceis establecidos para cada sector que permiten os intercambios comerciais sen poñelos en risco”.

De aprobarse, o tratato sería unha ameaza para a gandaría e a saúde dos consumidores

O tratado TTIP permitiría a importación de alimentos de orixe animal producidos con antibióticos promotores de crecemento, hormonas, fariñas de carne, aditivos e OMG non autorizados na UE, e tamén de canles de polo tratadas.

“Estas prácticas, que permiten que Estados Unidos sexa moi competitivo en produción gandeira a nivel mundial, son unha ameaza para a sostibilidade dos sectores comunitarios sensibles”, aseguran os representantes do sector gandeiro español.

Ademais, existe un amplo rexeitamento social a que na UE se comercialicen alimentos producidos con métodos prohibidos segundo o Modelo Europeo de Produción, máis esixente en materia de seguridade alimentaria, entre outros aspectos.

Advirten de que supoñería a perda de 400 mil postos de traballo naUE

Para as organizacións gandeiras, “un acordo TTIP que non teña en consideración o modelo regulatorio comunitario sería sumamente lesivo para os intereses da UE”. Supoñería a perda de 403.200 postos de traballo na UE nos 10 anos posteriores á súa entrada en vigor.. Este dano non é política nin socialmente aceptable na conxuntura actual da UE. “Ademais, -subliñan- a opinión pública é moi crítica cun TTIP que non respecte a esixencia dos cidadáns europeos, de que, especialmente en materia de seguridade alimentaria, os produtos importados cumpran as mesmas normas que os comunitarios,”.

Os subsectores de vacún de carne e leite, carne de porcino e ave e de produción de ovos representan unicamente o 0,47% do PIB da Unión Europea. As organizacións asinantes da petición consideran que a súa exclusión do TTIP sería un mal menor en prol de facilitar un acordo de libre comercio que achegaría grandes beneficios políticos e económicos tanto á UE como a EUA A súa solicitude non exclúe que nun futuro ambos os dous modelos regulatorios deban ser analizados con vistas a unha converxencia que permitise a integración total destes sectores no marco do Tratado TTIP.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información