Leves baixadas de Amio en xatos e becerros de recría

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega valora que a oferta segue a superar ampliamente a demanda e reduce en 4 céntimos a cotización de todas as categorías

Xornada de leves axustes á baixa nas mesas de prezos do mercado de Amio (Santiago). En Ternera Gallega, a Mesa decidiu por maioría dos seus vogais baixar 4 céntimos os prezos de todas as categorías, co obxectivo de ter en conta a realidade do mercado, no que a oferta segue a superar amplamente á demanda.

En cambio en gando de abasto non adscrito a Ternera Gallega, a Mesa de prezos de gando de abasto optou por un alza das cotizacións de entre 10 e 30 céntimos na maioría das categorías “por razóns de axuste técnico”. En vacún maior tamén se subiron os prezos nalgunhas categorías ata 5 céntimos co obxecto de reflectir a realidade da sesión no mercado.

En becerros de recría, a Mesa optou tamén por unha baixada de prezos de ata 10 euros nalgunhas categorías.

No mercado de onte, a asistencia de gando á sesión foi de 2.424 reses, 409 máis que na anterior sesión. Por categorías, houbo 1.894 cabezas de vacún menor, 261 de vacún mediano e 247 de vacún maior.

Informe das Mesas de Prezos de Amio do 15 de abril do 2015

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información