Entra en vigor a obriga de indicar a orixe da carne na etiqueta

Dende o 1 de abril entrou en vigor en toda a Unión Europea o regulamento da Comisión Europea que obriga a indicar o país de orixe ou lugar de procedencia para todo tipo de carne, agás o vacún, a carne picada e os magros.

Entra en vigor a obriga de indicar a orixe da carne na etiqueta

Dende o 1 de abril entraron en vigor na Unión Europea as novas normas de etiquetaxe nas que será obrigatorio indicar a orixe da carne fresca, refrixerada ou conxelada de porcino, ovino, cabrún e aves.

En concreto, trátase do Regulamento de Execución (UE) n.º 1337/2013 da Comisión Europea, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) n.º 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire á indicación do país de orixe ou do lugar de procedencia para a carne.

Son novas normas de etiquetaxe nas que será obrigatorio indicar a orixe da carne fresca, refrixerada ou conxelada de porcino, ovino, caprino e aves.

Queda excluída a carne de vacún

Deste sistema de etiquetaxe quedaron descartados os modelos de carne de vacún, que xa contan cunha normativa propia, e a carne picada xunto aos magros.

Normas para a carne de porcino

No caso da carne de porcino utilizarase a indicación de orixe criada en seguido do nome do país:

En que estivese os últimos 4 meses de vida cando o animal sexa sacrificado con 6 ou máis meses de vida e máis de 80 kg de peso vivo

En que estivese dende os 30 kg ata o seu sacrificio cando se sacrifique con menos de 6 meses de vida pero con máis de 80 kg de peso vivo.

En que estivese se se sacrifica con menos de 80 kg vivo e ten menos de 6 meses.

Normas para ovino, cabrún e aves

Para a carne de ovino-cabrún débese indicar na etiqueta o Estado membro da Unión Europea ou país terceiro no que foi criado o animal durante os últimos 6 meses de vida, ou de todo o período de cría se é sacrificado con menos de 6 meses.

Na carne de aves débese indicar o país onde foron criadas durante o último mes de vida ou de toda se a ave é sacrificada antes dun mes.

Outras mencións que deberán incluírse na etiquetaxe son as de sacrificado en co nome do país, sexa da UE ou non, e o código de lote para poder verificar a trazabilidade.

O obxectivo desta normativa, segundo a Comisión Europea, é mellorar a trazabilidade da carne, establecendo unha relación entre a carne comercializada e o animal do que procede.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información