Dúas explotacións porcinas galegas premiadas nos Porc d´Or 2015

Dúas explotacións porcinas galegas premiadas nos Porc d´Or  2015

Dúas explotacións porcinas galegas resultaron premiadas na XXII edición dos premios Porc d´Or á excelencia na produción porcina, que se acaban de entregar en Lorca (Murcia). Trátase da explotación de Manuel Nogueira Vázquez, en Maside (Ourense), integrada na cooperativa COREN, que logrou o ouro en produtividade numérica na categoría de ata 200 porcas. Tamén foi galardoada a explotación NUDESA Castro San Gregorio, no Pino (A Coruña), que recibiu o ouro en taxa de partos entre as explotacións de  501 a 1.000 porcas.

Polo demais Granxa Sant Martí foi novamente a triunfadora desta edicióin alzándose, por segundo ano consecutivo, co Porc d´Or con Diamante, máximo galardón da cita, e o premio á Máxima Produtividade. A granxa, da empresa Piensos Grau, S.A. e situada en Sant Martí de Centelles (Barcelona) bateu o seu propio récord. Así, con 35,82 leitóns destetados por porca e ano, supera os 34,78 que alcanzou na pasada edición.

Doutra banda, Granxa Vereda de San Marcos, pertencente á empresa Agroturia-Vall Companys Grup e situada na localidade de Utiel (Valencia), logrou o premio especial Porc d´Or do Magrama que recoñece as excelentes características en Sanidade, Benestar Animal e Medio Ambiente da explotación. O premio foi entregado pola ministra Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina.

Por comunidades autónomas, Cataluña foi a rexión con maior número de premios. Alzouse cun total de dezanove figuras (das que catorce foron a parar a Barcelona, tres a Lleida e unha a Xirona e Tarragona). Séguelle Aragón, con trece galardóns (sete para Zaragoza e seis para Huesca), e Navarra, con catro. Outras rexións premiadas foron Castela e León (tres premiados), Galicia e Castela-A Mancha (dúas figuras cada unha), e Comunidade Valenciana e Murcia, cun galardón cada unha delas.

En termos xerais, foron premiadas oito comunidades autónomas das dez nomeadas e 41 granxas das 97 que optaban de partida este ano aos premios Porc d´Or.

A barcelonesa Granxa Sant Martí bate un novo récord en Produtividade Numérica e consegue o Porc d´Orco Diamante

Os tres premios especiais Porc d´Or repartíronse entre Cataluña e a Comunidade Valenciana. Concretamente, Granxa Sant Martí, da empresa Piensos Grau, S.A., situada na localidade de Sant Martí de Centelles, en Barcelona, foi premiada co máximo galardón, o Porc d´Or con Diamante.

Ademais, tamén recibiu o premio especial á Máxima Produtividade, batendo un novo récord na historia dos premios Porc d´Or, cunha Produtividade Numérica de 35,82 leitóns destetados por porca e ano.

As naves de Granxa Sant Martí están acondicionadas ambientalmente e adaptadas ao sistema de aloxamento en grupos das porcas xestantes e sistema de alimentación mediante máquinas electrónicas de identificación individual. É unha granxa que desde os seus inicios foi e mantense PRRS negativa. O xurado destacou a súa extraordinaria eficiencia produtiva e nivel sanitario.

A granxa valenciana Vereda de San Marcos, pertencente á empresa Agroturia-Vall Companys Grup e situada na localidade de Utiel, recibiu de mans da ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, o premio especial Porc d´Or do Magrama a Sanidade, Benestar Animal e Medio Ambiente.
Granxa Vereda de San Marcos comezou a súa actividade no ano 2010 e a día de hoxe conta cun censo de 2.500 reprodutoras.

Vinte e dous anos de recoñecemento á excelencia

O Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA) creou os premios Porc d´Or en 1994 co obxectivo de recoñecer o traballo daquelas empresas e explotacións de porcino que, grazas á súa profesionalidade e esforzo e á utilización das mellores técnicas de produción, son capaces de superar os novos retos que continuamente aparecen no desenvolvemento desta actividade, actuando como puntas de lanza do sector porcino español.

Hoxe día, no seu XXII edición, os premios Porc d´Or non só están consolidados, senón que constitúen todo un referente para as empresas e granxas de porcino españolas, que ven neles un recoñecemento á excelencia no traballo.

Consulta aquí a lista completa dos premiados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información