A Deputación de Lugo custea os programas sanitarios das explotacións de porco celta da provincia

A Deputación de Lugo custea os programas sanitarios das explotacións de porco celta da provincia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, nunha gandería de porco celta en Friol

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto ao voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, visitaron este luns varias explotacións de porco celta no Concello de Friol, para coñecer de primeira man o grao de satisfacción da nova colaboración que puxo en marcha o Executivo da Deputación cos produtores lucenses co obxectivo de impulsar a profesionalización deste sector na provincia.

Campos Conde explicou que “decidimos custear todos os programas sanitarios, que teñen a obriga legal de cumprir as explotacións de porco celta, por exemplo as vacinacións, revisións veterinarias ou os simples análises de sangue, para poder comercializar estes produtos, que son de primeira calidade pola coidada crianza dos animais”.

“Facémolo -engadiu- porque queremos axudar aos produtores da provincia, que representan o 45% dos existentes en toda Galicia, reducíndolles custes; porque queremos potenciar un sector que na actualidade xera en Lugo un volume de negocio de máis de 400.000 euros”.

Convenio con ASOPORCEL

O Goberno da Deputación de Lugo leva a cabo este amplo programa sanitario nas explotacións da provincia a través da Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta –ASPORCEL-, da que forman parte unhas 130 explotacións de Galicia, sendo de Lugo case 60. Para elo, o presidente provincial asinou unha 1ªcolaboración neste eido de 45.000 euros co Presidente de ASOPORCEL, José Barrera Alonso. Estiveron presentes na sinatura os responsables de Zampacelta e Explotación CMVMC Carballo (membros deste colectivo), e o director técnico de ASOPORCEL, Iván Rodríguez Paz, ademais de Santos Ramos.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información