MURAS_RUBIA_GALEGA_04_standar

Continuidade nas cotizacións de Amio

As mesas de prezos de Amio, que se celebran cada semana coincidindo co mercado gandeiro, acordaron novamente esta semana manter sen cambios as cotizacións das últimas sesións. Non houbo modificacións nin en Ternera Gallega nin nos valores decididos pola Mesa de Prezos de gando de abasto (recría, vacún maior, becerros para sacrificio). Os vogais da Mesa coincidiron en apreciar unha lentitude notable no desenvolvemento xeral do mercado.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.999 reses, 134 menos que a pasada semana. Houbo 1.461 cabezas de vacún menor, 261 de vacún mediano e 257 de vacún grande.

Máis información

Táboa completa de prezos das mesas de prezos de Amio (13-XII-2017).