Baixada do vacún maior e dos becerros de cruce e suba dos xatos frisóns en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola maior afluencia e pola baixada do vacún maior e dos becerros de recría de cruce e a suba dos de raza frisona. Sen cambios no porco cebado e nos ovos e suba nos leitóns

Baixada do vacún maior e dos becerros de cruce e suba dos xatos frisóns en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola maior afluencia de gando e pola baixada do vacún maior e dos becerros de recría de cruce e a suba dos de raza frisona. Sen cambios no porco cebado e nos ovos e suba nos leitóns

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, subiron os prezos en todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo medio foi de 101 euros por xato, fronte ós 96 do anterior mercado. Na categoría de menos de 20 días a media foi de 78 euros por animal, 2 máis que a pasada semana. E nos becerros de máis de 50 días o prezo subiu ata os 132euros de media por animal, fronte aos 95 da anterior poxa.

Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi á baixa en case todas as categorías. Así, os xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, situáronse nos machos en 372 euros, 50 menos ca na sesión anterior. Nas femias, pola contra, houbo unha suba de 5 euros de promedio, quedando nunha media de 232 euros por becerra. Nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos baixou ata os 296 euros, fronte ós 342 euros que se pagaron na última poxa. En canto aos becerros de máis de 50 días, os machos subiron ata situarse nunha media de 445 euros por animal, fronte aos 367 da sesión anterior, mentres que nas femias a media baixou ata os 267 euros por becerra, fronte aos 308 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha caída do prezo, cotizándose a unha media de 916 euros por animal no caso dos machos, fronte aos 933 da lonxa pasada. As femias tamén baixaron ata os 664 euros de media, fronte ós 728 que rexistraron na última sesión.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi tamén á baixa, agás na categoría de desvelle. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios hoxe foron de 711 euros por animal, fronte aos 731 da anterior sesión. Nas vacas de primeira a media foi de 1060 euros, por debaixo dos 1077 euros da última poxa. Pola contra, o desvelle subiu, quedando nun prezo medio de 439 euros por animal, fronte aos 429 da semana anterior.

silleda_vacun_19_1_2

Sen cambios no porco cebado e nos ovos e suba dos leitóns

En canto ó porco cebado, mantivéronse unha semana máis os prezos estables en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedaron nos 1,070 e en 1,045 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II o prezo mantense en 1,357 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle queda nun intervalo de entre 0,49 e 0,55 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, subiron esta semana 1 euro. Así, o prezo do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 51 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 56 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,55 e 2,80 euros respectivamente.

No referido ós ovos non houbo variacións: as categorías XL e L mantéñense sen cambios nos 1,68 euros e nos 1,26 euros a ducia, respectivamente. A M segue nos 1,14 euros e a S nos 0,92 euros a ducia, respectivamente. A galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de entre 0,12 e 0,19 euros o quilo.

Por ultimo, o coello a súa cotización mantense baixa. Así, o quilo desta carne na Lonxa de Madrid queda nos 1,75 euros.

silleda_porcino_19_1_2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información