Baixada do gando vacún en Silleda nunha xornada de escasa afluencia

Os prezos do gando vacún baixaron este martes en Silleda, tanto en becerros de recría como en vacún maior, agás nos becerros de recría de Cruce, nunha xornada con moita menos afluencia de gando. Sen cambios nas cotizacións do porco cebado, ovos e bacoriños. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 15 de agosto

Baixada do gando vacún en Silleda nunha xornada de escasa afluencia

As cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca deste martes caracterizáronse pola baixada nos prezos do gando vacún, nunha xornada con moita menos afluencia de animais que a habitual, ao coincidir en día festivo. As cotizacións do porco cebado, a dos ovos e a dos bacoriños mantívose sen cambios.

Así, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes baixaron en case todas as categorías respecto á pasada semana. Así, na de menos de 20 días, a cotización media baixou ata os 121 euros, dous menos que na pasada poxa. Pola contra, na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media subiu ata os 140 euros por xato, nove máis que a pasada semana. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio tamén descendeu ata unha media de 144 euros, fronte aos 155 da última poxa.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia á baixa foi máis clara. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias caeron nos machos ata os 208 euros, fronte aos 270 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou tamén ata os 290 euros de media, tres menos que na anterior sesión. Nas femias, os prezos descenderon ata unha media de 137 euros, fronte aos 194 da anterior sesión. En canto aos xatos de máis de 51 días, o prezo medio tamén baixou claramente ata os 299 euros, fronte aos 431 euros de media da última subasta.

No vacún maior a tendencia xeral foi tamén a unha baixada dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.089 euros de media en categoría primeira, 698 en segunda -a máis numerosa- e 461 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.047, 716 e 473 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_AGOSTO_VACUN_17_3

Sen cambios nos ovos e no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da pasada semana nas categorías M e a S nos 1,17 e 0,91 euros, respectivamente, e o mesmo para as L e XL, que quedaron en 1,35 e 1,51 euros a ducia, respectivamente.

O coello mantívose na Lonxa de Madrid en 1,60 euros o quilo.

Sen cambios no porco cebado e nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da pasada semana. Así as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,490 e 1,465 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantívose nos 1,903 euros por quilo e o desvelle nun intervalo de prezos de entre 0,87 e 0,93 euros o quilo.

En canto aos leitóns, acordouse tamén manter as cotizacións nos 36 euros para os procedentes de varias explotacións e os 41 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información