Baixada en Amio do gando de recría e do vacún maior

As cotizacións marcadas nas Mesas de Prezos de Amio, que serven de referencia para o sector, baixaron esta semana en gando de recría e vacún maior, en tanto non houbo cambios en Ternera Gallega. En recría, reducíronse 10 euros os prezos de todas as calidades dos machos descostrados e lactantes da raza Frisona. Respecto ó vacún maior, baixaron 5 céntimos as subclases O3, O2, O1 e da clase P.

En canto á asistencia de animais ó mercado, houbo 2.042 reses, 140 menos que a pasada semana. Entraron no recinto de Amio 1.543 cabezas de vacún menor, 247 de vacún mediano e 231 de vacún maior.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (10-X-2018).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información