becerros recria estandar

Baixada dos prezos nos becerros de cruces industrial de cor en Amio

A Mesa de Prezos de Abastos do Mercado de Amio acordou este mércores baixar 5 euros os prezos de tódalas categorías e calidades dos becerros de recría de cruces industriais de cor.

Esta foi a única modificación dos prezos que rexistrou o mercado nesta xornada con respecto á semana pasada. Así, mantivéronse sen cambios tanto os prezos para o vacún menor como para o maior e o abasto para sacrificar.

Tampouco houbo cambios na Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Galega en ningunha das categorías nin calidades.

En canto á asistencia de gando ó mercado, situouse nos 1.804 animais, 248 menos que a do pasado día 1 de maio. Houbo 1.374 cabezas de vacún menor (243 menos que na xornada anterior), 229 de vacún mediano (7 menos ca na pasada feira) e 183 de vacún grande (30 reses menos que na anterior sesión).

Máis información:
– Táboa completa de prezos de Amio (08-V-2019).