Baixada dos prezos dos becerros de recría en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola baixada dos prezos dos becerros de recría, mentres que o vacún maior mantense estable. O porco cebado sobe tamén e estabilidade nos ovos

Baixada dos prezos dos becerros de recría en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola baixada dos prezos dos becerros de recría, mentres que o vacún maior mantense estable. Nas mesas de prezos sobe o porco cebado, mentres que os ovos mantéñense en xeral sen cambios.

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa experimentaron baixadas en case todas as categorías. Así, na de menos de 20 días a cotización media baixou ata os 124 euros por xato, cinco menos que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, a baixada foi más evidente: 148 euros por xato, fronte aos 167 da semana anterior. En canto aos tenreiros de máis de 51 días quedan sen cambios nun prezo medio de 168 euros.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral foi a unha baixada de prezos, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 301 euros, fronte aos 285 da última poxa. Sen embargo, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou ata unha media de 335 euros por animal, 28 menos que a pasada semana. Nas femias, pola contra, houbo suba de prezos: 248 euros por animal, 14 máis que o martes pasado. Porén, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos baixaron ata os 442 euros, fronte aos 454 do anterior mercado. Nas femias , pola contra, a tendencia de prezos foi en positivo: 403 euros de media por animal, fronte aos 341 da semana pasada.

Polo que respecta ao vacún maior, subiron tamén os prezos, agás na categoría de desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.100 euros de media en categoría primeira, 714 en segunda -a máis numerosa- e 448 na de desvelle. O pasado martes as cotizacións foron de 1.066, 713 e 478 euros, respectivamente.

SILLEDA_XULLO_18_VACUN_2

Suba do porco cebado, caída nos leitóns e sen cambios nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos soben 0,02 euros na categoría XL ata os 1,58 euros por ducia. Nas restantes categorías mantéñense sen cambios: a L en 1,21 euros a ducia, a M en 1,04 e a S en 0,89 euros a ducia. As galiñas de desvelle baixan 0,01 euros e quedan nun intervalo de entre 0,07 e 0,14 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir os prezos da pasada semana 0,01 euros o quilo nas categorías Selecta e a Normal, que quedan en 1,280 e 1,255 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sobe 0,013 euros e sitúase en 1,630 euros por quilo. E na categoría de desvelle mantense o intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións mantivéronse sen cambios esta semana, quedando nunha media de 1,440 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi tamén á estabilidade de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse seguir cos descensos e baixar 4 euros as cotizacións, quedando nos 36 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 41 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_XULLO_18_PORCINO_2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información