Baixada de prezos en Amio en Ternera Gallega e becerros de abasto

Como é tradicional nas datas de Entroido, estase a detectar unha certa retracción no consumo de carne de vacún, polo que as mesas de prezos de Amio acordaron esta semana baixadas das cotizacións en Ternera Gallega e becerros de abasto.

Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, decidiuse unha baixada de 2 céntimos en todas as categorías e calidades da carne. Na Mesa de gando de abasto, tamén se acordou unha baixada de 5 céntimos nas canais situadas entre 180 e 200 quilos das clases S, E e U.

En gando de recría, os valores mantéñense sen cambios, se ben advírtese unha tendencia á baixa das femias de calidade extra e boa de rubia galega e cruces, en tanto hai unha tendencia contraria, á recuperación, nos machos e femias de frisona.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.019 reses, 80 menos que a pasada semana. Houbo 1.502 cabezas de vacún menor, 237 de vacún mediano e 262 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (7-II-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información