Baixa afluencia de gando e sen variacións dos prezos en Amio

O Mercado de Gando de Amio (Santiago), celebrado esta mañá, rexistrou unha baixa afluencia de animais debido ós dous días festivos consecutivos que se celebran esta semana, mañá a nivel nacional e o próximo venres 16 festividade local.

En concreto, contabilizáronse un total de 493 animais, 1.594 menos que o pasado mércores día 7 de agosto. Houbo 250 cabezas de vacún menor (1.479 menos que na sesión anterior), 119 de vacún mediano (89 menos que na feira pasada) e 111 de vacún grande (30 reses menos que na mercado anterior).

Por mor desta baixa afluencia, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu manter os prezos da sesión anterior en tódalas categorías e calidades desta carne.

O mesmo aconteceu na Mesa de Prezos do gando de abasto que mantivo as cotizacións da sesión pasada en tódalas clases de gando.

Máis información:

– Táboa de prezos de Amio (14-VIII-2019)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información