Acruga pídelle a Medio Rural axudas para a incorporación de ganderías á raza rubia galega

A nova directiva da Asociación, na que repite César Dorado como presidente, reuniuse coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez

Acruga pídelle a Medio Rural axudas para a incorporación de ganderías á raza rubia galega

Reunión da nova directiva de Acruga coa conselleira do Medio Rural.

A nova directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) mantivo unha reunión coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, á que lle trasladou unha petición de axudas directas para a recría de animais e para apoiar ás ganderías que se incorporen á raza rubia galega, en detrimento doutras razas.

O encontro serviu tamén para que Acruga lle explicase á conselleira o seu proxecto de traballo para os próximos anos, no que destacan aspectos como a utilización da xenómica para a selección de touros de inseminación ou a comercialización de seme sexado, orientado á produción de femias.

Por parte da conselleira, Ángeles Vázquez, avogouse por intensificar o traballo na selección de reprodutores e na mellora dos apareamentos, a fin de “recuperar a variabilidade xenética e apuntalar os parámetros produtivos característicos na raza”, segundo indica a Consellería en nota de prensa.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información